BOCINAZO

Para escoitar BOCINAZO preme eiqui

compoñentes:
Voz -Bocinas
Batería- Vinnie conlachuta
Guitarra- Steve juay
guitarra- Slashco
baixo- Jaco Patodos
Trompeta- Arturo Sexoanal
Saxo-Paquito el Manivela


            Bocinazo somos un grupo de sete rapaces conducidos pola mala vida para convertirnos en estrelas do rock.
Bocinazo é un proxecto que naceu hai pouco máis de dous anos entre un grupo de amigos que se xuntaron para facer rock n roll. Dende entón, comezamos a facer versións coas nosas propias letras e tamén a compoñer os nosos propios temas. A nosa música encádrase no que nós chamamos rural rock, cunha temática rural e moi retranqueira. Con dúas destas cancións, “Hoxe ensilei” e “Canción triste de soldador”, grabamos dous videoclips que acadaron un importante éxito en Youtube. 

Ademais, aínda que con poucos medios, grabamos de forma caseira a nosa primeira maqueta, con cinco temas, dos cales catro son orixinais nosos. Cabe destacar que todo é autoeditado 

Durante estes anos levamos a nosa música a todo tipo de festas e eventos, tocando xunto grupos galegos tan importantes coma Recambios Tucho, Medomedá, Astarot ou A Banda do Camión. Se por algo destacamos é pola nosa posta en escea, na que intentamos sempre dalo todo e sorprender con algunha idea nova, sen que haxa un concerto igual que o outro.

Rural rock (2015)

A finais de 2014 decidimos grabar o noso primeiro traballo en estudio, que levaríamos a cabo en Pousada Son . E así naceu Rural Rock, un disco moi fresco e composto integramente por temas propios que fomos creando ó longo destes anos. Nun destes temas contamos coa colaboración especial de Tuchiño, guitarrista dos Heredeiros da Crus.





Se falamos de proxectos futuros hai que dicir que pensamos seguir traballando, compoñendo novos temas, e, por suposto tentando levar a nosa música cada vez máis lonxe. Tamén temos en mente grabar un novo videoclip con algún dos novos temas. E, ante todo, seguir facendo que a xente o pase ben nos nosos concertos.





Non vos perdades estes videos:

https://www.youtube.com/watch?v=uAENbks1KzE


https://www.youtube.com/watch?v=IymnIdXqxn4


Entrevista de Compostimes:

http://compostimes.com/2013/01/bocinazo-somos-unha-parodia-de-nos-mesmos/

C O N T A C T O:

bocinazobrutalband@gmail.com