CD SON TITIRITEIRO XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES DE REDONDELA

XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA.
Memorial Juanjo Amoedo 2014 -
do 19 ao 25 de maio do 2014
AVANCE INFORMATIVO
O XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 19 ao 25 de maio de 2014. De novo as rúas, prazas e xardíns da vila servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.
A organización do evento, ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA, xunto coa participación da Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando nesta ocasión traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Rusia, Portugal, Ecuador, Francia, Chile ou Italia, e Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fios, títeres tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, teatro de rúa e un feixe de sorpresas.
O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA. Memorial Juanjo Amoedo é un reflexo do esforzo grupal dun pobo para difundir e gozar do teatro de monicreques.
-Datas do Festival: do 19 ao 25 de maio do 2014
-Programación de rúa: 24 e 25 de maio
-FERROLUAR. Exposición “Vida Acuática”.
Inauguración día 17 ás 18.00 h. Multiusos da Xunqueira
http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-2-noticias/vida-acuatica-exposicion-sumerge-mundo-submarino/2459987/
-Programación de Sala. Achégase.
-Compañías participantes no Festival. Achégase.

Asociacion Xente Titiriteira.Equipos de traballo :
Coordinación Cd SonTitiriteiro: fondecon@yahoo.es
Comunicación do Festival: fitcomunicacion@gmail.com
Dirección do Festival: fitredondela@hotmail.com

-CD: SON TITIRITEIRO
A Asociación Xente Titiriteira, e continuando coa idea de Juanjo Amoedo de implicar e convidar a diferentes sectores sociais a participar activamente no Festival , cre necesario implicar a outros artistas da vila, cara a unha edición tan significativa coma a décimo quinta.

Por este motivo nace esta iniciativa de facer un disco, “SON TITIRITEIRO”, baseada na idea de contar cos/as músicos de Redondela e a súa sensibilidade para facer un disco co monicreque como nexo de unión.

Un agasallo feito por músicos redondeláns para o XV Festival Inter. De Títeres de Redondela, Memorial Juanjo Amoedo, no que participaron 18 formacións e máis de 100 músicos.
Grabado na sala municipal de ensayo, conta con temas de The Silence, RMS, Circo de Pulgas, Retroblues, Caramuxo Vermellos, Os Carambolos e María Fumaça, Alberto Vilas ou Suso Ben, entre outros autores.  "O resultado é moi heteroxéneo, cunha grande variedade de estilos. O disco contén tódolos temas en galego agás un en ingles.

Esta será a carta de presentación do festival en toda a promoción que a realizaro.
El disco, del que se han editado

Confiamos que vos fagades dun CD “SON TITIRITEIRO”, xa que sairá unha edición limitada de mil exemplares,que se poderán mercar en bares e tendas da localidade a partires de maio.

-Mercadiño Titiriteiro: 24 e 25 de maio.
O Festival propón, un ano máis, un espazo onde artesáns da zona poidan expor as súas creacións no chamado Mercadiño Titiriteiro.
Todos aqueles artesáns interesados en participar deben ingresar 20 euros na conta da Asociación Xente Titiriteira : ES53 2100.2989.13.0200036875 (LaCaixaBank)
Poñer no ingreso o nome e apelidos de quen a fai transferencia.
De valde en calqueira caixeiro de LaCaixa Bank.
Importante traer o papel xustificado da transferencia o dia da montaxe.
A montaxe farase o día 23 ás 22.30 h na Alameda.
-Medidas máximas do posto: 2 metros de largura x 1,5 de fondo.
-NON se aceptan nin comida nin bebida.
Para calquera dúbida :
Coordinación e información do Mercadiño: Toti 651.14.80.59