DONAIRE no Festival Interceltique de Lorient

Donaire, folclore galego cara Lorient.
Anunciados coma grupo de baile que representa a Galicia no Festival Interceltique de Lorient entre o 1 e o 10 de agosto.
A Asociación Cultural Donaire leva unha tempada 2013/2014 con moita forza. Ós seus habituais ensaios e actuacións, Sumáronse varios feitos que convertiron este ano en moi especial.
No mes de novembro colaboraron dúas parellas de bailadores na presentación oficial do disco “Galiza” do vasco Kepa Junkera no Auditorio de Pontevedra, e en abril gravaron co equipo da serie documental Great Continental Railway Journeys,
para un capítulo da mesma, que levou á cidade o exitoso formato que dende a súa estrea arrasou no Reino Unido e tamén se
poderá ver en La2. Estiveron con Michael Portillo, exministro de Defensa británico e presentador do programa, e amosaron o folclore ante as cámaras da BBC.
Representantes galegos no Festival Interceltique de Lorient Será Donaire o grupo de baile que represente a Galicia en dito festival, unha ocasión única de que o noso folclore traspase fronteiras, da mesma maneira que fixeron no ano 2007.


O Festival Interceltique de Lorient é o máis importante do mundo, e as cifras falan por si mesmas… 4.500 músicos, 100.000 espectadores de pago, 700.000 visitantes e haberá máis de 120 espectáculos en diversos escenarios, entre eles o estadio do Lorient FC, onde Donaire actuará en catro noites intercélticas, un espectáculo único pola súa magnitude.
Leva dende o ano 1971 sendo o pioneiro de encontros coma o Festival de Ortigueira, xa que foi nesta localidade onde se amosou o forte reclamo da música e folclore das Nacións Celtas que se reunen alí cada verán, onde dende hai uns anos tamén se van engadindo diversos países con vínculos musicais.

Comparte Donaire cartel con nomes tan recoñecidos coma Salsa Céltica, Lúnasa, Fred Morrison ou Dervish, que farán que este ano de Irlanda unha delicia para os que gosten do mundo da música folk e tradicional.
Parte do preparado será presentado en Santiago e na Coruña previamente Co espectáculo que amosarán na Bretaña preparado, os componentes de Donaire terán dúas oportunidades de luxo de ensinalo na nosa terra. A primeira será en Santiago de
Compostela o vindeiro 19 de xullo na Praza da Quintana, onde participarán nas Xornadas de Folclore Galego dentro da programación das Festas do Apóstolo; e o luns 21 farán o propio na Coruña, neste caso nos Xardíns de Méndez Núñez dentro da programación das Festas de María Pita.