MUSICAS PARA A SEMENTE


Este CD edítase dende a asociación Semente Trasancos, co fin de promover a cultura galega a través das súa tradición musical e tamén de recadar fondos para manter vivo e forte o seu proxecto de inmersión lingüística con crianzas.

O CD editado en formato libro é deseño dos ferroláns Gelo e Juanlu.

Despois de meses de ensaio, e coa colaboración de diferentes persoas da nosa comarca, chega o CD Músicas para a Semente, que se distribúe dende a propia asociación e dende diferentes puntos de venda espallados por todo o país.

A maioría dos temas son cancións tradicionais, cos arranxos de Alberto Maceiras.

LISTAXE CANCIÓNS
1. Fogo Nicolás
2. As estrelas
3. As tres comadres)
4. Isca de aí ( Música: Uxía Doval Niebla. Letra: Rosalía de Castro)
5. Canción de Nadal
6. Pola ponte de San Xoán
7. Din din don don
8. O favorito.
9. O maio das Sementes (Música: Sabela Paz Romero Letra: Marcos Abalde Covelo Arranxos: Alberto Maceiras)
10. Arrolo

Sementaron este proxecto musical:
Produción e dirección musical: Alberto Maceiras
Bea Doval, Sandra Pico, Gisela Sanmartín, Uxia Doval, Iria García (voces e percusión)
Alberto Maceiras (Gaita en Do, Gaita en Sol, gaita MIDI, ukelele, zanfona, saxo soprano, tin whistle en Re, low whistle en Sol, frauta sopranino, programación baixo MIDI, pandeiretas, pandeira, pandeiro, bombo, tarrañolas, trécolas, cunchas, cabassa e triángulo); Enrique González (frauta de bico contralto e tamboril) e Uxía Doval (piano)
Colaboracións: Óscar Fdez. Sanjurjo (cavaquinho) en Pola Ponte de San Xoán e Fogo Nicolás; Juan “Cabe” (guitarras) en Canción de Natal e Din Din Don Don; Óscar Alfonso (acordeón) en Favorito e Maio das Sementes e as crianzas María Alfonso e Martiño Corredoira (voces)
Ilustracións: Juanlu e Gelo...
Técnico de son: Roberto Grandal



A cantareira e pandereiteira, Iria García, socia de Semente Trasancos, afirma: «traballamos moito as raíces das cancións tradicionais de Galiza e Portugal, é un agasallo para todas as crianzas deste país mais é un CD para todas as idades».

Iria define todo este traballo en dúas palabras <<< ilusión e esforzo>>> e desde Semente engaden unha terceira «solidariedade», porque todo o beneficio vai para a Semente.

 O CD que está á venta a un prezo de so dez euros e os pontos de venta son:


Ferrol.- A Fundaçom Artábria.
Narón.- O Muíño do Fabal, xoguete didáctico e Semente Trasancos, en Ares a libraría Carpe Diem.
Pontedeume.- Colectivo Terra, bar futbolín e bar Valadouro.

Lugo.- colectivo Madia Leva e bar a Fouce. Compostela.- libraría NUMAX.
Ribeira tenda Rei Zentolo.
Vigo Semente Vigo.


CONTACTO:

Iria García : irinhagm@hotmail.com
                     690.020.213