CONCURSO DE BANDAS EN GALEGO NOVO CRUCEIRO ROCK


Tedes unha banda e cantades en GALEGO? Pois esta é a vosa oportunidade, le as bases.

O concurso consta de dúas partes:
 

1ª PARTE: Enviádenos 3 temas orixinais e cantados en GALEGO Da vosa banda (preferiblemente enlace de bandcamp ou Similares), acompañados dunha foto en formato JPEG e unha pequena biografía do grupo ao correo novocruceirock@gmail.com.
É necesario incluír tamén: dirección, código postal e número de teléfono.
Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente dentro do rock e as súas variantes.

O prazo de entrega será ata o 31/03/2015.




2ª PARTE: O 05/04/2015 comunicaráselle ás 4 bandas escollidas polo xurado, a súa participación nunha Fase Final que consistirá nunha actuación ao vivo en Vila de Cruces, o día 1 de Maio de 2015.
A Fase Final consistirá nunha actuación de 40 minutos no que as bandas farán todo o posible por convencer ao público e ao resto do xurado para poder formar parte do cartaz do festival NOVO CRUCEIRO ROCK, que se celebrará o 7 de Agosto de 2015, en Vila de Cruces no que teñen participado bandas como KASTOMÄ, MEDOMEDA, RUXE RUXE, DESEQILIBRIO MENTAL, FAMILIA CAAMAGNO, ZËNZAR, NAO, SOM DO GHALPON... e moitas máis).
Ademais do PREMIO como banda convidada do Festival NOVO CRUCEIRO ROCK na 7 ª Edición, farase entrega o 7 de agosto dun premio en metálico de 300€.
Iremos informando no Facebook do Novo Cruceiro Rock e nesta páxina do Concurso De Bandas En Galego, Novo Cruceiro Rock.