CESAR MORAN

Para escoitar CESAR MORAN preme eiqui

César Morán (Toural dos Vados, 1954), catedrático de Língua e Literatura Galegas no IES Agra do Orzán, poeta, cantautor e intérprete de guitarra clásica.












César Morán - Roseiras de rosas roxas

 https://www.youtube.com/watch?v=7eWp7JKt22Y

 

DISCOGRAFÍA:


Participou en diversas obras divulgativas da poesia galega, a destacar:o seu contributo musical no libro-CD editado por Xerais 

Río de son e vento. antoloxia de obras musicadas de poetas galegos, pretende ser ese libro que o lector procura, un libro onde poida ollar o todo desde a parte, e onde poida encontrar os  camiños para se mergullar no pormenor da parte desde a perspectiva global do todo. A este obxecto contribúen algúns criterios levados á práctica polo autor e promotor do proxecto, César Morán, músico e catedrático de lingua e literatura galegas. Tentouse desde o inicio que a antoloxía contivese a máis ampla representación poética, mais dentro dunha especial preferencia pola poesía contemporánea, e de maneira especial a das últimas décadas, levando este extremo cronolóxico á creación máis actual.A inclusión dalgunhas voces pode deberse a gustos persoais, a necesidades impostas pola totalidade deste traballo ou sinxelamente á consciencia de se tratar de voces ben  (re)coñecidas. A inversa, a non inclusión de certas voces non significa que desmerezan con respecto a outras que si están incluídas,  mais tamén aquí os criterios poden obedecer a gustos persoais ou a razóns atinentes aos obxectivos do traballo. Dada a amplitude do campo, o número de autores e autoras, os diferentes períodos, contextos socioeconómicos, estéticas, etc., non se fai análise literaria en cada caso, non se achegan autopoéticas nin se fornecen datos biográficos nin noticias da producción bibliográfica non poética  dos creadores. Cada un dos principais apartados ábrese cunha breve explicación teórica que se propón a abordaxe dos textos seguintes desde criterios estéticos e socioculturais, de xeito que os lectores e  lectoras posúan referencias nesa sempre navegación que é a lectura poética.O libro compleméntase co CD, Río de son e vento, onde César Morán Fraga musicou textos de dezasete dos poetas antologados. Un proxecto imprescindible para mellor coñecer a nosa lírica toda.




 “Haberá primavera”, libro-CD adicado á figura de Álvaro Cunqueiro. Editado no ano 2011, e coincidindo co centenario do nacemento do poeta Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia editou un libro de poemas do autor de Mondoñedo, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes d e morrer. Estamos a falar dun libro-disco que ademais de conter unha excelente proposta musical, agasállanos cun documento histórico de primeira orde. César Morán rodeouse de músicos de primeiro nivel (entre os que destaca a voz de Uxía Senlle) para ofrecernos un excelente e elegante traballo que vai namorar aos seguidores de Cunqueiro pero tamén aos amantes da boa músicaque poderán comprobar como soa o de Mondoñedo agarimado pola guitarra, a frauta traveseira, o saxo alto, o contrabaixo e a percusión da banda de César Morán, quen presta a súa voz sintonizando á perfección coalírica contida dos versos de Cunqueiro. 


COLABORACIÓNS:


O pobo da noite, CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas, Xerais, Vigo, 1996.

A desaparición da neve, CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas, Alfaguara, Madrid, 2009.


Tamén ten obra escrita, sobre todo recollida en edicións colectivas, sobre língua e literatura, da que podemos destacar a sua participación en Homenaxe a Álvaro Cunqueiro( 1982, Universidade de Santiago de Compostela) Teatro nas aulas: dez cadernos da Escola Dramática Galega (1987, Editorial Vía Láctea. ) ou Amado-Odiado Gepetto (en Fogo cruzado, 1989, AGAL)

Contacto:
César Morán. 678504331

cesar@cesarmoran.eu

Para máis info:
http://cesarmoran.blogaliza.org/