ZOELAS




Voces:
María Bouzas,
Pilar Naveira,
Érica García e
Patricia Coucheiro

Zanfona: Bruno Villamor
Bombo: Miguel Varela (Miki)
Acordeón: Michel Rivadulla
Clarinete: Beatriz García





ZOELAS é nome é collido daquela tribu prerromana que habitaba a zona noroeste da península.
ZOELAS é un matriarcado que, partindo do seu contacto coa música tradicional, deciden xuntar inquietudes musicais para dar lugar a un proxecto no que misturan as raíces do canto tradicional con melodías doutros estilos musicais e letras propias convivindo con coplas recollidas.



tesmenteira (2016)

1. Amor Lésbico
2. Evelaités
3. Juisconsin
4. Ruleando

GRAVACIÓN: ODAIKO KREA







PODEDES ESCOITALO EN:
https://zoelas.bandcamp.com/


e no Youtube:
 
evelaités
https://www.youtube.com/watch?v=bTlpV44Oy4I


videos anteriores:

 Mantra & O Lenzo do Silencio

https://www.youtube.com/watch?v=MafjKKKWUA8

 https://www.youtube.com/watch?v=MafjKKKWUA8

C O N T A C T O :
grupozoelas@gmail.com

Oh!Ayatollah

Oh! Ayatollah somos:

- o Ayatollah Soares ao beat e os coros
- o Ayatollah Jazz ao baixo e os coros
- o Ayatollah Boy nunha guitarra
- e o Ayatollah La La La Lee na outra
- o Ayatollah Pop ao teclado e a voz principal

Pop dende Santiago de Compostela






oh! ayatollah volve a cancion protesta (2018)

"“Volve a canción protesta” está composto por nove cancións que se moven entre a enerxía new wave do primeiro sinxelo, que leva o título do disco, a delicadeza pop de cancións como Familia Política e o case punk de Pablo Callejo ou Eiei. As letras seguen sendo pura apoloxía da xuventude, o amor e a frustración, sobre a vida entre amigos que nos dan asco (Case todo é o que parece) e festas que nos deixan a gorxa desfeita (Animal). "(https://www.tremendoaudiovisual.com)

1. Pablo Callejo
2. Animal
3. Nin olvido nin perdón
4. Venganza
5. Case todo é o que parece
6. Desaparecer
7. Ei ei
8. Familia Política
9. Volve a canción protesta

Gravado e mesturado por Hevi no Laboratorio Soyuz en xullo do 2017.
Masterizado por Cem Oral en Jammin' Masters (Berlín)
Todos os temas compostos por Oh! Ayatollah.
Deseño de Clara Garcia

Volve a canción protesta

https://www.youtube.com/watch?v=dHFsldEMnVc

 https://www.youtube.com/watch?v=dHFsldEMnVc

 

Podedes escoitar/mercar/descargar en:

https://ohayatollah.bandcamp.com/album/volve-a-canci-n-protesta

DISCOGRAFIA PREVIA:


Nunca Máis / Mi Re La (2017)
Gravado polo Hevi en setembro de 2016 no Laboratorio Soyuz

O propio Hevi fai coros e palmas en Nunca Máis, e Manuel e Clara tamén fan palmas. Todo o mundo fai palmas algunha vez.


http://ohayatollah.bandcamp.com/album/canci-ns-por-se-non-te-quere-xa







Cancións por se non te quere xa (2016)
1. Desaparecer
2. B-52
3. Mr. Satan
4. Mi Re La
5. Animal

Grabado e mesturado polo Ayatollah Picciotto no seu estudo clandestino cuxa ubicación preferimos non desvelar.

ESCOITAO EN:

http://ohayatollah.bandcamp.com/album/canci-ns-por-se-non-te-quere-xa



CONTACTO:
ohayatollah@gmail.com

LAMPREA EXPLOSIVA


Lamprea Explosiva é a formacion de punk podrido de Alén e Adán. Formada na noxenta cidade industrial de citroën.
patín, anarquía, e fentos jumentos no ano 2014.

Lamprea Explosiva - Mayeusis

https://www.youtube.com/watch?v=V962z0UsBK0

 https://www.youtube.com/watch?v=V962z0UsBK0

DISCOGRAFIA :


Escoitao e fixa ti o prezo en:a (2014)

Temas incluidos:
1. Peido
2. Mengele ozaki
3. Costra da morte
4. Merda asquerosa de merda
5. Fukushima
6. Ébola

Escoitao e fixa ti o prezo en:
http://lampreaexplosiva.bandcamp.com/album/a

http://lampreaexplosiva.bandcamp.com/album/mojo-m-lMojo Möl (2015)

Temas incluidos:

1. Rododendro
2. Kronstadt
3. Ollomol
4. Sugulimo

Escoitao e fixa ti o prezo en:  http://lampreaexplosiva.bandcamp.com/album/mojo-m-l



C O N T A C T O :
lamprea.explosiva@gmail.com



DELIO DOMINGUEZ O CANTAR NON TEN CANCELAS


Tomu contacto co flamenco na emigración, na Alemania, e dende enton ésta é a sua maior paisón, compartindo esceario cun númerosas figuras do flamenco en España e Galicia.

Como bo amante das tradicións, tamén o é de nosa música, que o acompaña desde o berce na sua terra, Lampaza en A Limia,como amosa a súa pertenza o Orfeón de Treixadura.


O disco en solitario de Delio Dominguez foi producido por Cuchus Pimentel e gravado nos anos 2013 e 2014 en Vigo, Palma de Mallorca e no Muiño Vello en Redondela por Sonata Estudio Movil.

Para as gravacións contou coa colaboración de Cuchus Pimentel, Omar Acosta, Marcos Campos, Enric Pastor, Voro Vicente, Jose Ramon Rocha, Jorge Guardia, Tino Baz, Javier Rocaberti, Ildemaro Diaz Roi Adrio, Vicas Tripathi ....

A masterización e misturas foi obra de Joaquin Fuentes en Funil Records e Mansion House.



O diseño grafico e de Secundino "Diz" mentres que as fotografias son de Juan Mejuto.


Dez temas entre os que podemos atopar títulos tan recoñecibles como Negra sombra, O meu pais, A Santiago vou, Adios rios adios fontes, María soliña, Denantes dos vinte anos, Cantiga do maio, notas necroloxicas, Pola mañan e Carretón.


CONTACTO:

deliocancelas@gmail.com
tlf: 615 24 97 76

LIVIAO DE MARRAO

 

 

 

 

 

Liviao de Marrao

 Membros.

  1. Cantante: O García do Outeiro
  2. Batería: Marcos Fernández Varela
  3. Baixo: Torroncho
  4. Guitarra: Gurgo Bein da Lagoa
  5. Violino: Bambino de Vigo
  6. Gaita: Manoliño de Líncora
  7. Trompeta: Luis Miguel Crespo Caride
  8. Saxo tenor: Vence
  9. Saxo alto: Chema Blanco López
  10. Porco mascota: Odmin Suarez Lale

 

Formación.

O comando bravú da Serra do Faro formouse no ano 2011 coa intención de poñer o fin da tregua á que estaba sometida a loita musical do noso país. Nesa época a banda estaba composta por seis membros, batería, baixo, guitarra, gaita, violino e voz. Foi no 2012 cando se incorporaron a sección de metais, trompeta e saxos tenor e alto. No ano 2013 incorporamos á mascota porcina que nos acompaña a tódolos concertos atinxindo na actualidade un total de 10 membros.

Biografía.

Liviao de marrao nace, por fuciños e por cachuchas, fai un feixe de anos entre un cortello de Vilaúxe (Chantada) e a Compostela posmoderna de Bugallo e Conde Roa.
Na fusión de acordes, compases e voces emerxen músicas e letras que beben do espírito que impregnou o sistema-musical galego da década de 90, especialmente o movemento bravú.
Desde o inconformismo, o dereito ao patalexo e a ironía propuxémonos apostar pola música galega xusto cando está a sofrir novamente duros ataques, aínda atopándose nun momento de forma (canto a grupos e festivais) mellor que o dos últimos tempos.


Que cada cao lamba a sua caralha (2015)

Desde o pais do Faro: ano 2015, ano da mordaça

O disco compõe-se de 12 temas onde as temáticas são igualmente diversas: desde uma cantiga de amigo de Joham de Requeixo que se chama “A Faro um dia irei Madre” até uma cantiga moderna que intitulamos “Cantiga de Feto” e que canta a chantadina Sara de Sousa, uma das colaborações com as que contamos neste disco.

12 temas nos que prima é a mistura de punk, ska e rock com um sentimento de arroutada e de rebeldia que é a herança do bravú em galego.

Gravado e misturado en Pousada Son por Iago Pico

Tema “Viana Manifest”

https://www.youtube.com/watch?v=8zpmLbe8dCU&feature=share


Discografía previa.

Maqueta que leva por nome Á machada. Foi gravada en Lalín nas instalacións do local NSAIO coa axuda de Bieito Barreira de Sonlleira Records. 
 
Matança Eta Filhoak!

Lista de temas.

  1. Rock Liviao. (letra e música Liviao de Marrao)
  2. Garabatos. (letra e música Liviao de Marrao)
  3. Narco-corrido ribeirao. (letra: adaptación de un romance popular; música: Liviao de Marrao)
  4. Canción para cantar todos os días. (Letra: poema de Manuel María, música Liviao de Marrao).
  5. Opus Dei. (letra e música de Liviao de Marrao)
  6. Salmo 2009. (letra e música de Liviao de Marrao)
  7. O Piloto. (letra e música de Liviao de Marrao)
  8. Cantiga de escarnho. (letra: cantiga de Afonso Eanes de Coton, música: Liviao de Marrao).
  9. Galiza cunilingüe. (Letra e música Liviao de Marrao)
  10. Galiza quere (sobres en B). (letra e música de Liviao de Marrao)
  11. Castanhaço Rock. (letra e música de Liviao de Marrao)

Podedes escoitalo en:  http://liviaodemarrao.bandcamp.com/

Gravación.

Este disco gravouse entre KAO Records en Celanova, ónde fomos gravar o “Narco-Corrido Ribeirao” no mes de Febreiro de 2013; e a Radio Galega, a onde fomos gravar nos meses de Marzo e Abril de 2013 grazas ao premio do público e do teléfono que recibimos no concurso Novo Son EN 2012. Masterizado por Toño Vézquez en Maio de 2013 na Radio Galega.

Videoclip.


O tema Narco-Corrido Ribeirao conta cun videclip dirixido Alfredo Pardo e producido por Chantada Films. Dispoñible en plataformas web (Youtube).

 http://www.youtube.com/watch?v=QvtoF8rMcIs

 

Deseño e ilustracións.

Jon González Art-Studio (Chantada).

Edita e distribúe Liviao de Marrao.

Licencia Creative Commons.



Biografía disco.

Matança eta filhoak!

ADRO:

Ergueito como o pino que as outas nubes fende,
os brazos sarmentosos so bardo aos ceos tende.
E escóitase na noite solene resoar
a súa voz bruante, sonora como o mar.

Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida.

Liviao de Marrao. Coradas de cocho. Pulmão de porco. O cheiro da carne sem castrar. O cheiro das arelas, do monte, do estadulho e do autêntico. O arrecendo duma geração. O aroma da liberdade comesta pelos papéis numerados. Liviao de Marrao 9 rapazes que expressam ainda no meio do obscuro lírica cheia de retranca na homenagem aos dom Celidónios pós-modernos.

Liviao para escrever com Garabatos as ausências e faltas duma geração que ainda não demonstrou nada. A bateria de acenos e força de Marcos Fernández Varela. Rock Liviao para ceivar laios descarnados na memória dos devanceiros como O Piloto, onde toca o requiem da trompete de Luís Miguel Crepo Caride. A guitarra que nunca pára de ranger de Xurxo Novoa Salgado. Porque Chantada é tão grande como o mundo que nós podemos imaginar a ritmo de Narco-corrido ribeirao com os requintes da gaita de Jorge Pérez Árias. Este Matança eta filhoak é a Canção para cantar todos os dias, a harmonia do violino de Héctor Rodríguez Vidal acompanha com afoiteza a dignidade do bravú.

Matança eta filhoak é o primeiro, o primogénito da força com que pedimos auxílio desde a ruínas da Galiza esquecida e muribunda. É a máxima síntese a que chegamos após pensar sobre as contradições da nossa geração. O universo escuta em silêncio reverencial um solo de Chema Blanco López num souto e no fundo do val, desde uma carvalheira, retruca o saxo tenor de Vítor Fernández Caseiro.

Opus Dei. Os ídolos de papel criados para roubar o direito a inventar a nossa própria conceção do mundo, a língua furtada prostituindo as palavras como numa Cantiga d'escarnho para a mocidade galega puxada à emigração para que o galego volte a ser um povo bíblico. Já se sente pelo baixo Adrián Levices Casal na noite estrelecida.

Emerge rouca e fera a voz do
Antom Fente Parada neste Salmo desde Viana ao céu deixando nos tesos cumes do Faro o facho do porvir. Galiza quere vida, quer esperança, quer mocidade e quer futuro. Galiza não é a Galiza cuninlingüe dum calibanismo impostado pelos rendistas pollitos bien. Lírica intitulada pós-neo-bravú, com retranca, porque nós também estamos aqui, nós também vivemos e lemos o presente como história.

Estes onze temas são a nossa homenagem a quem aposta pela música galega. A centos de moças e moços que partem o lombo cada ano para manter festivais sem ânimo de lucro como o Castanhaço-rock. Desde a Serra do Faro, gora o ponteiro em FA e gora Liviao de Marrao, Matança eta filhoak!


Cancións que podes escoitar en internet:

Narco-Corrido Ribeirao videoclip: http://www.youtube.com/watch?v=QvtoF8rMcIs

Sede social.

Liviao de Marrao, Lagoa-Vilaúxe, nº2, Chantada (Lugo) cp/ 27514

Contacto:

liviaodemarrao@hotmail.com 

666 28 91 22 (Xurxo),
626 08 00 82 (Antón).








2NAFRONTEIRA zapatiños para Diaz Castro

Zapatiños para Díaz Castro

 O novo traballo de 2naFronteira Letras galegas 2014

 Son quince poemas nos que a música fainos chegar a peculiaridade e a emoción dos seus reveladores versos.
Outros  músicos, outros intérpretes poden proporcionarnos unha versión distinta destes magníficos poemas, pero na presente versión, as  notas musicais e a voz de Carmen Pením constitúen  un achegamento á sutil poética de Díaz Castro  que potencia os valores líricos das composicións escolleitas.
Despois  do recital,  memorizamos os mellores versos desta antoloxía de Díaz Castro no son e coas cadencias de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli..


Xesús Alonso Montero
Presidente da Real Academia Galega


 O disco contén 14 temas orixinais de Carmen Penim na música con aranxos musicais de Maurizio. Os textos orixinais pertencen á obra NIMBOS de Xosé María Díaz Castro.

Os poemas musicados son:  Nimbos, Noite do mundo, O verme e a estrela (Alalá do verme e a estrela), Esmeralda, No novo Ceo, A noite é necesaria, Terra sucada (Nana para a terra), Penélope, Quezáis, Remuíño, Cova alumada, Coma un río, Ai, capitán e Coma unha espada.


https://www.youtube.com/watch?v=YyAUYcwQ6CM

2NAFRONTEIRA  videoclip do tema "Quezais" incluido no seu disco "ZAPATIÑOS PARA DIAS CASTRO"
https://www.youtube.com/watch?v=YyAUYcwQ6CM

As músicas do disco son, como xa é habitual nesta formación musical, variadas e eclécticas: dende ritmos claramente populares de raíz tradicional como en Quezáis ou Remuíño; pasando por cancións de corte máis culto, como en Coma un río; ou jazz, como Cova alumada, e mesmo rock, como A noite é necesaria;
deixando lugar tamén para a experimentación como sucede na intensa Nana para a terra.

Neste caso 2naFronteira optou por reproducir no libreto a mesma arquitectura que presenta a obra poética Nimbos, sacrificando outras consideracións que se puideran facer á hora de ordenar os temas no disco. Así, conta coas mesmas partes ca o libro orixinal, o cal podería ser un atractivo engadido para os amantes
deste autor.

A produción correu a cargo de 2naFronteira produzioni, e a excelente fotografía foi realizada por Javi Collazo, traballo que confire unha notable dimensión artística ó libreto.

Foi gravado e mesturado en Casa de Tolos, baixo a dirección de Segundo Grandío.

Pódese escoitar o tema Penélope do disco en
https://www.youtube.com/watch?v=6jd7lFmCEWE

Distribución de Inquedanzas sonoras baixo a dirección executiva de Xusto Molejón Valoría.
O CD poderáse mercar nas principais tendas de discos e no Corte Inglés e na Fnac.

Tamén se pode adquirir directamente ós músicos e por suposto, ós distribuidores de Inquedanzas Sonoras, ben na tenda de Vigo (Martínez Garrido, 1) ou por internet. Asemade estará disponible en formato dixital en iTunes.

Foron presentados temas do disco en:
(e próximos concertos previstos)
Centenario de Díaz Castro en Guitiriz, Casa Habanera.
Revista Oral de marzo 2014, Museo Provincial de Lugo.
Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL), 8 de maio.
Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela 18 de maio
Actuación e entrevista en “Somos Quen” Radio Galega, 1 de xuño
Auditorio Multiusos A Xunqueira de Redondela 28 de xuño

Breve curriculum do dúo

 A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli forman o dúo 2naFronteira dende o 2008, cando inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto. No 2011 publican neste país un disco en español e galego, con letras de Carmen e a musicalización de poetas en lingua española, como Lorca ou Góngora. Este disco,Humo en los ojos, contiña tamén dous dos temas (orixinais) máis visitados en youtube e aprezados polo público: A lavandeira e Alalá dende Turín.

No 2013 publican Alma, un disco que foi interpretado en directo no Parlamento de Galicia, no Culturgal e en diversos escenarios e auditorios galegos, cunha moi boa acollida pola crítica, a prensa e o público. Os temas, para voz, piano e harmonio, xiran en torno ós poetas clásicos e contemporáneos galegos, así como Lorca (da súa obra Seis poemas gallegos) e F.Pessoa. Agora presentan este novo traballo, Zapatiños para Díaz Castro, que conta co apoio da Consellería de Educación, Cultura e O.U. e cunhas palabras introductorias do Presidente da Real Academia da Lingua Galega, D. Xesús Alonso Montero.

Son músicas orixinais do dúo para catorce poemas de Nimbos, do escritor Letras Galegas 2014. Neste disco o harmonio, que tanto gusta ó público, adquire máis presencia e ademáis de ser instrumento solista en varios temas, aparece xunto ó piano en varias cancións, como Ai, capitán ou Nimbos. É un disco
particularmente intenso, alegre e luminoso. Supón unha mostra máis da gran calidade e orixinalidade compositiva e artística que caracteriza este dúo, que reúne calidade con paixón nos seus directos. Xa foi levado como preestrea ó Centenario do nacemento de Díaz Castro en Guitiriz e ó Museo Provincial de Lugo nos pasados meses.


Información sobre os músicos

Carmen Penim estudou en Santiago Filoloxía e doctorouse pola Uned en Educación. Publicou o seu libro de poesía Cambio versos por champán no 2010 (Torremozas). Conta tamén con numerosas publicacións científicas e didácticas. Estudou canto lírico en Italia tres anos e no 2011 empezou os seus estudos de
canto lírico e jazz e de didáctica do canto no método Crossover.






Maurizio Polsinelli realizou os seus estudos de Filoloxía en Roma, e os de piano no conservatorio de Santa Cecilia da mesma cidade. Compositor que colabora en diversos proxectos musicais e teatrais. Intervén habitualmente en radios e tv italianas. Destaca o seu eclecticismo e versatilidade musical, ó lado dunha
elevada calidade técnica. Tén tres discos publicados anteriores ó dúo 2naFronteira co grupo romano Pane.


D I S C O ALMA
ALMA, gravado e mesturado en Casa de Tolos, baixo a dirección de Segundo Grandío. 
Pódese ver e escoitar unha canción do disco en http://www.youtube.com/watch?v=IOCuU2SR6Zs 

O disco contén 12 temas orixinais de Carmen Penim na música e aranxos musicais de Maurizio, con textos de: Paz Andrade, Pessoa, García Lorca, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Manuel Rivas e Alfonso Láuzara. Ademáis contén o tema “Nana do Couto Mixto” orixinal de Carmen tamén na letra.

O disco foi producido por 2naFronteira produzioni, e o deseño gráfico correu a cargo de Stabelimenti 12.

Distribución de Inquedanzas sonoras baixo a dirección executiva de Xusto Molejón Valoría.

Poderáse mercar nas principais tendas de discos e no Corte Inglés e na Fnac.
O disco recolle o traballo de composición musical dos últimos dous anos, incluíndo tamén temas inéditos nos escenarios, como os de Pessoa e a “Nana do Couto Mixto”, que foi estreada só recentemente no acto de nomeamento dos novos xuíces honorarios do 2013. Moitos dos temas son unha mostra dun proxecto musical maior: os temas de García Lorca forman parte do proxecto Federico García Lorca, amando en galego, musicalización do libro do poeta Seis poemas gallegos, que esperan poder editar un día xunto cos poemas e as partituras. Tamén Rosa de abril de Rosalía, é unha mostra dun traballo de musicalización de seis extractos de Cantares Gallegos. Os dous temas de Fernando Pessoa forman parte asimesmo dun traballo de musicalización de seis poemas do poeta portugués. O disco reflexa o gran amor de Carmen e Maurizio pola poesía en xeral, e en concreto pola poesía en galego. Ademais do que tén de expresión artística, pretende contribuir cun grau de area á difusión da lingua e a cultura galegas. Musicalmente, supón unha expresión absolutamente libre e variada, indo dos ritmos máis populares de “A nana do Couto Mixto” para harmonio, ata melodías máis achegadas ó mundo culto como en “Catrvium da mapoula”.
Algúns dos temas do disco pódense escoitar na páxina do dúo www.2nafronteira.com e no canle de youtube http://www.youtube.com/user/solo2musica

C o n t a c t o 
mail: 2nafronteira@gmail.com
Telf: 986164615 e 699845312






MÁIS INFO EN:

CONTACTO: 
tel.  699845312- 986164615 
mail: 2nafronteira@gmail.com

 
www.youtube.com/user/solo2musica
www.facebook.com/2nafronteirafans
Twitter.com/2nafronteira

O cachet será negociado cos músicos en función da duración e outras características de organización do evento.

LOSTREGOS


LOSTREGOS fan Pagan Black Metal desde A Coruña (Galiza)

Compoñentes:

I.V. : Guitarra e  Voces
Y.I.V. : Guitarra
Lb. : Baixo e Voces
K. : Bateria






"Lóstregos nace no inverno do 2014 na cidade da Coruña (Galiza) como unha banda de Black Metal de tinte pagán e folclórico.

O concepto musical abrangue influenzas do antergo Black / Pagan Metal sen deixar ao carón a innegábel influenza base do Rock e Heavy Metal.

O estandarte lírico xira arredor da natureza e a devoción pola mitoloxía e o folclore dos cultos pagáns e celtas así como da nosa propia cultura galega pre-cristiá.



Alzamento no Norte EP (2016)

Editado por Damnatio Ad Bestias. Dispoñible a finais de abril de 2016. Edición en jewel case CD limitado a 300 copias numeradas a man.

Escoitao en:
http://lostregos.bandcamp.com/releases

TEMAS:

1. Prólogo
2. Ouvidos No Monte
3. Nas Treboadas Do Norte
4. Ceives Das Impías Cruces




https://www.youtube.com/watch?v=TYMbhbJ6sZg
Lóstregos - Nas Treboadas do Norte


C O N T A C T O :
lostregospagan@gmail.com

CANS 2015

FESTIVAL DE CANS. NOTA DE PRENSA
O Festival de Cans inicia a súa venta de entradas para ver as curtas a concurso nunha edición na que actuarán Sés e Def con Dos

 Mañá mércores 15 de abril ás 10h00 poránse á venta os primeiros 500 packs de entrada
e camiseta na nova tenda virtual do festival

 Sés será outra das actuacións máis esperadas do Torreiro de Cans na tarde do sábado 23
de maio

 Def con Dos chgarán co seu formato Dos Tenores presentando o seu último disco. O seu
líder, Strawberry, presentará unha retrospectiva dos videoclips da banda

 O 90% das actividades do festival -incluídos os concertos- serán de carácter gratuíto

 O PORRIÑO, 14 DE ABRIL DE 2015.- Sés e Def con Dos encherán o Torreiro de Cans de
música na tarde-noite do sábado 23 de maio. Non serán as únicas actuacións relevantes do
Festival de Cans, que proximamente dará a coñecer a programación de espazos emblemáticos
como o Cans Voulevar ou o popular Jaliñeiro Unplugged, algunhas delas ligadas a proxeccións
audiovisuais de estrea e outras a artistas emerxentes para os que o festival quere servir de
rampa de lanzamento.
Def con Dos
O grupo -que pode considerarse case galego, xa que naceu en Vigo nos oitenta- conta con
lexións de seguidores dende os seus inicios. A súa popularidade comezou a medrar por mor
da composición de bandas sonoras de cinema nos filmes de Alex de la Iglesia Acción Mutante
(1993) e El día de la Bestia (1995), que neste 2015 cumplirá 20 anos.
Na actualidade con Dos Tenores -o seu novo traballo e tamén o nome da súa formación neste
novo formato-, Def con Dos recupera o son rapeiro máis primitivo da banda a través de seis
novos temas, entre os que destacan títulos como Sobreviviendo, Cuelga y espabila, ou Brutal
doctor, banda sonora da próxima película do director gore catalán Dani Moreno, na que
ademais Strawberry e Peón Kurtz -ambos membros do grupo- colaboran como actores. O
público poderá gozar da súa música e as súas letras irreverentes no concerto que ofrecerán
no Torreiro de Cans a noite do 23 de maio, configurándose como un dos pratos fortes
musicais desta edición.
Ademais, Strawberry presentará na tarde do mesmo sábado 23 en Cans unha selección dos
mellores videoclips da historia do grupo -nos que participaron realizadores como é o caso de
Mikel Clemente- e tamén a súa última novela, Margen de Maniobra, a terceira xa do seu
traxecto como escritor. Estes videoclips amosaranse coma un amplo catálogo de referencias á
cultura popular e están maioritariamente marcados por elementos da ciencia ficción, o cine
gore ou a serie z, pero sempre cunha intención de humor gamberro e provocador.
Sés, de volta en Cans
Sés regresa ao festival convertida nunha das máis importantes artistas galegas da escena
actual. Hai tres anos tocou en Cans enriba dun camión no Cans Voulevar, nunha actuación
memorable aínda para os que asistiron a aquel pequeno concerto. Agora volve de novo pola
porta grande ao Torreiro de Cans para tocar ao completo coa súa banda na tardiña do sábado
23 de maio. Converténdose na protagonista dun dos momentos centrais do festival. A artista
darálle a coñecer ao público asistente o seu novo disco "Tronzar os valos", que este mes está a
presentar enchendo as salas por alá por onde pasa.




Ademais, o festival clausurarase coa habitual sesión de Discochimpín, este ano da conta de
Autómatas Beat, unha das parellas de DJ's máis divertidas e orixinais de Galicia, que farán
bailar frenéticamente a todo o público coas súas mesturas inéditas.
Inicio da venta de entradas
Este mércores, 15 de abril ás 10h00 poranse á venta a través da nova tenda virtual do
Festival (tenda.festivaldecans.com http://tenda.festivaldecans.com/entradas-festival-de-cans.html) as primeiras 500 entradas para poder ver as curtas a concurso desta edición. Mañá a esa hora da mañá activarase o sistema de venta, no que se poderán mercar 300 entradas para a sesión de tarde e 200 para a sesión de mañá do sábado 23 de maio. Cada persoa poderá mercar ata catro packs, de recollida a partir do 22 de abril varias tendas de Rei Zentolo de Galicia e na tenda Tía Tata (O Porriño).
Este primeiro grupo de entradas está concibido para os seguidores máis fieis do festival, e por iso mesmo se lles outorgará soamente a estes 500 tamén unha chapa conmemorativa exclusiva e de edición limitada como lembranza dos “doce anos de agroglamour” que cumple o Festival de Cans nesta edición. Ademais, tamén poderán obter un catálogo de man que deberán solicitar no posto de merchandising do evento -a razón dun programa por entradadurante a súa celebración. O prezo do pack completo será de 21,50€ + gastos de xestión.

Podedes consultar as condicións particulares de compra aquí. http://tenda.festivaldecans.com/condicions-de-compra

Sonia Díaz Pereiro | 679 96 56 92
Andrea Villa Feijóo | 667 68 35 51
festivaldecans@gmail.com
comunicacion.festivaldecans@gmail.com
facebook.com/festivaldecans
twitter.com/festivaldecans
www.festivaldecans.com

“Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte”


"O libro-disco “Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte”, recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza.

O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun Cd no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravación inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. Ademais inclue unha selección das aparicións de Pazos de Merexo en programas de TVG como Alalá –no que aparece acompañado polo acodeonista Brais Maceiras- ou Luar. Tamén a súa recente colaboración con Kepa Junkera recollida no doble disco Galiza con o que o vasco homenaxeou a música galega.

Xurxo Souto e Pedro Pascual, os dous autores do libro, son profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente único e inescusábel para as novas xeración de músicos e afeizoados. Ambos teñen compartido inúmeras horas con Pazos tanto en Merexo como en distintos pontos de Galiza e teñen sido destacados divulgadores entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa.

O libro-cd é unha cuidada e rigurora monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun Cd sobre Pazos de Merexo, o decano e principal referente desta modalidade de acordeón para as novas xeracións.




”Chave Mestra” é unha colección de libro-disco de aCentral Folque que afonda no coñecimento de personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bon facer e axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfoneiros, violonistas, narradores, acordeonistas… Aquí comeza unha serie de publicacións para rescatar, descubrir e divulgar, figuras indispensabeis da cultura tradicional galega. Libros de alta calidade con fotos inéditas, ensaio histórico e musical, transcrición de partituras e CDs con gravacións orixinais e inéditas en cada unha das publicacións." Extraido de http://www.quepasanacosta.com

AMADEO GOYANES E AS ZANFONEIRAS DE MONFORTE de PABLO QUINTANA

Presentación do libro “Amadeo Goyanes”

En 2015 cúmplese o centenario do nacemento do monfortino Amadeo Goyanes Vázquez e o XX aniversario do seu pasamento. Un momento no que deterse para profundizar no coñecemento dunha figura clave e fundamental na música tradicional galega e particularmente no movemento de rexeneración da zanfona en Galiza, onde foi todo un pioneiro.

Por iniciativa de aCentral Folque e grazas ao apoio do Concello de Monforte e da Área de Cultura da Deputación de Lugo púidose dar forma a unha demorada e exhaustiva investigación sobre a vida e a obra de Amadeo levada a cabo polo afamado Pablo Quintana que agora ve a luz.

Este traballo na súa forma definitiva de libro (con CD) “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte” será presentado na Casa da Cultura de Monforte o vindeiro mércores 1 de abril ás 20 h. A xornada que contará cun concerto de Tobie Miller + Dúo Fdez&Quintá e a palestra de presentación co autor do libro Pablo Quintana, o coordinador da serie Chave Mestra, Ramom Pinheiro Almuinha, o responsável de cultura da Deputación provincial Mario Vázquez e a concelleira de cultura de Monforte, Pilar López. Aproveitando a efeméride do centenario do seu nacemento e XX aniversario da súa morte, aCentral Folque pretende salientar o traballo fundamental dun persoeiro que fundou a primeira escolanía de zanfonas de Galicia, constructor humilde e mestre gaiteiro e zanfoneiras.

O resultado é un libro con CD cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes ameno e curioso para todos os públicos: partituras editadas para os músicos e especialistas da zanfona e un disco compacto no que se encontran inéditos de Amadeo Goyanes. Ademais deses históricos rexistros, graváronse especialmente para esta publicación músicas do seu repertorio e novos temas saídos da factoría da aula de zanfona da Escola Livre da MPG sita en Santiago de Compostela, atendida polo prestixioso zanfonista Óscar Fernández, no que pretende ser unha homenaxe As zanfoneiras de Monforte, a primeira escolanía de Zanfona de Galiza impulsada por Amadeo Goyanes.

Neste acto central de homenaxe a Amadeo no seu centenario non pode faltar a música de zanfona. Será a actuación de dúas destacadas referencias a nivel galego e internacional. Por unha banda o mestre da Escola Livre daMPG, Óscar Fernández acompañado ao acordeón de Carlos Quintá que interpretarán algunhas melodías tradicionais e de autor, con especial atención ao repertorio rescatado do propio Amadeo Goyanes. Para pechar a xornada no que pretende ser unha homenaxe as Zanfoneiras de Monforte convidamos á intérprete feminina máis recoñecida do mundo, a canadense Tobie Miller, virtuosa do instrumento que actuará como solista por primeira vez na Península, presentado o seu último traballo “Journeys”.

TRASPES & XARABAL O CARME


POR QUE ESTE ESPECTÁCULO?

Tanto a A.C. Traspés como a A.C. Xarabal, estan ligadas á música de Galicia, se ben, dende ángulos e puntos de vista alonxados.
Por un lado, dende Traspés, buscando a parte máis tradicional e antiga do folklore, e dende Xarabal,
introducindo a música tradicional en ámbitos e formacións máis modernas, dando cabida á multitude de músicos
vinculados coa música galega. Precisamente por isto, por esta diferente realidade e tomando este proxecto como un reto,
xorde a idea deste espectáculo, que dá sentido a esta sorprendente fusión.



POR QUE "O CARME"?

O I Espectáculo Traspés & Xarabal é unha viaxe no tempo. Un día de Festa maior.
En todas as parroquias de Galicia realizábanse e realízanse festexos arredor dunha data, o día da Patrona.
Nós escollimos unha das festas patronais máis comúns da nosa xeografía galega,
unha terra cunha importante vinculación ao mar: “O Carme”. Condensaremos en apenas dúas horas de espectáculo,
un día completo de celebracións, dende a alborada madrugadora, ata a verbena máis trasnoitadora.
Estarán presentes no espectáculo músicas e bailes das catro provincias, melodías e cantos populares, en definitiva,
o repertorio máis representativas da nosa música tradicional.



“O CARME” DESENVOLVERASE EN TRES ACTOS:

ACTO I: O primeiro acto céntrase na mañán. A parte máis seria e ceremonial deste día de festa.
Consta de dúas partes á súa vez: a alborada, na que os gaiteiros tocan de mañanciña polas corredoiras da parroquia,
e a música que rodea á misa maior, tanto antes como despois da celebración da mesma.

ACTO II: O segundo acto correspóndese coa parte central do día. Nas casas hai convidados á mesa,
na praza do pobo hai tamén xantar de convivencia veciñal. Hai boas viandas, viño nas mesas,
boa compaña, e ambiente festivo nas sobremesas, que propician a música e o baile improvisado.

ACTO III: O terceiro e último acto correspóndese coa última parte do día, a tardiña e a noite.
No campo da festa temos A VERBENA, a festa propiamente dita. Diferentes agrupacións populares amenizan este día.
O pobo disfruta do baile, alongando unha noite que ninguén quere que remate.

A GRAMOLA GOMINOLA

Paula Romero (voz)
Ro Muñoz (batería)
Anxelo de Xermar (baixo)
Paco Cerdeira (guitarra)

A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, en galego, pensado para as máis pequenas e pequenos da casa. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é unha banda de rock!!



escoitaos en: https://soundcloud.com/a-gramola-gominola

CANCIÓNS PARA DESAFINAR

Libro-CD da Colección Sonárbore, Editorial Galaxia.

“Cancións para desafinar” é o título que da nome ao seu novo traballo, composto por 13 novas cancións orixinais en galego.

A Gramola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar. Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk.
Porque non hai idades nin barreiras para a música......así que convidamos a todas e todos a
ROCKEAR!

Concertos cheos de música e humor, ao tempo que didácticos! Esta é a proposta da Gramola unha banda de música infantil para nenos de 0 a 99 anos, unha banda de rock infantil.

Nos seus espectáculos os espectadores poden coñecer diferentes estilos que xiran en torno ao
rock, e van dende funk, punk, reggae, gospel ou ska, heavy, etc. Así os nenos e nenas poden
coñecer e gozar destes estilos musicais, e coma sempre, tratando nas súas letras valores e
temas como o respecto e coñecemento do medio natural, a vida animal, a lingua, os xogos, etc.


DISCOGRAFIA PREVIA:

” A Gramola Gominola é unha caixa chea de sorpresas, coa que queremos levar a rapazada a unha viaxe pola música moderna.

Partiremos do blues, facendo parada no country, rock, pop, punk, reggae, heavy metal, ska…
Un paseo polos estilos que os ‘gramolos’ escoitaban cando eran novos…
Con todos vós… A Gramola Gominola!”

Un libro-disco no que se fai un percorrido pola historia da música contemporánea. Editado por Galaxia e con ilustracións de Lidia V. Cardeiro está composto por dez temas en galego.

Este primeiro traballo conta coa colaboración de Pablo Dalama (saxo, frauta e arranxos), Luís Tosar (voz principal en “Monstro”), Xenderal (arpa de boca en “Barriga Verde”), Mini Rivas e Mero Iglesias (voces rincipais en “Non é teu nin é meu”) e Alberto Cereijo (guitarrista solista en “Non é teu nin é meu”).


CONTACTO:
agramolagominola@gmail.com

GHAVETA



Beatriz Martínez Arpa

Felipe Rodicio violín

Marta Mtnez Valladares voz, bouzouki e percusións

Diego Langarika guitarra acústica e bouzouki






Ghaveta é un cuarteto que vos convida a un percorrido pola música galega, indo dende a máis tradicional ata a máis novidosa, da man de instrumentos capaces de ofrecer infinidade de timbres e texturas distintas dentro da calidez propia da música de raíz.


O grupo comeza a camiñar no 2013. Logo de moita música, concertos, debates e experiencias vividas durante dous anos este proxecto quere facerse realidade.

Bisque, nove temas. Muiñeiras, jotas e agarrados, xunto con novedosas propostas que nacen no caixon das suas cabezas e corazons.
Nesa Ghaveta que todos temos, onde gardamos aquilo que somos e queremos expresar.

 "Disque é un traballo para compartir, no que tod@s l@s que formades pane da nosa traxectoria estades presentes."

Foi gravado e mesturado nos estudos lagharteira por Isaac Millán entre febreiro e abril do 2015.





Distribue : Inquedlnzas Sonora. Avd-’Maninez amide nº1 baixo I 7 Vigo 36205 Tel: 886] I5343 info@inquedanzas.com





http://www.verkami.com/projects/11381-ghaveta-disque


CONTACTO:
Ghavetas@gmail.com