BLUES DO PAIS

Blues do País son :

Bieitta James a.k.a. Iseo Agilda
Pepe King a.k.a. Brais das Hortas 



Axuda no verkami  
http://www.verkami.com/projects/14914-ruta-120-segundo-disco-longo-de-blues-do-pais

"Ruta 120", o novo disco de Blues do País, está a piques de arrancar. Só nos falta a túa colaboración para editalo. Poñémoslle a banda sonora á N-120, esa estrada que une (ou separa) Ourense e Vigo, a terra da Diva Rural e a do Bluesmanciño. 13 paradas sonoras máis 2 pistas que non saen no GPS.
Gústanos moito botarnos as culpas das cousas ben feitas. Por iso este disco, como os anteriores, será autoeditado.

Axuda no verkami  
http://www.verkami.com/projects/14914-ruta-120-segundo-disco-longo-de-blues-do-pais

 

A gravación

Gravamos esta vez no Estudio A Ponte, de Santiago de Compostela, con Tomás Ageitos. Alí estaremos a Bieitta James, o Pepe King e máis algunha colaboración especial que xa iremos anunciando ao longo da campaña para ir meténdovos máis ganas.
Todo o disco será gravado, coma os anteriores, coa pretensión de que se pareza o máis posible a un directo enlatado. Así que lle damos ao REC e a botar blueses. Blues en estado puro!!

E agora con BANDA!!!

Era difícil botar en falta nada coa Diva e o Bluesmanciño no escenario, verdade? Sabemos que nos sobran o talento e os recursos (e as avoas), pero aínda así queriámosvos dar máis do que xamais soñarades e si, beibes, agora temos banda!
Son O SINDICATO DA VERBENA e saben ben o que fan. Teñen programa, están ben organizados e ata van ben conxuntadiños. Eles son:
Gustavo Agasi na batería e percusión
Manu Alonso no baixo (ao que atoparedes traballando nos Premios Martín Códax da Música, premios aos que non nos acordou presentarnos este ano porque estabamos traballando neste discazo que nos traemos entre mans)
Martinho Mato no saxo

DISCOGRAFIA PREVIA :

Caseto sessions (2015)

1. Lela
2. Moinantona
3. O Río

Gravado no caseto do bus de Levorín

Deseño de Irene Sanjuán Quijada

Escoita e/ou descarga  no Bandcamp:
https://bluesdopais.bandcamp.com/album/caseto-sessions





Caseto Sessions - Lela


Bateas no Mississippi (2014)

Gravado e misturado por Toño Vázquez
no Estudo 5 da RG do 7 ao 9 de Xullo

Masterizado por Dr. Chou

Deseño de Danae Gómez Lois

Fotos de Alberte Peiteável

01 - Intro
02 - Eu e o Demo
03 - Jennifer
04 - Logo que marchou
05 - Vogha pola Ría
06 - Non che son de ninguén
07 - 3 Amores
08 - Prefería ir cegha
09 - Ai, que pena tan ghrande!
10 - Sentadiña no pantalán
11 - Chimpín

Escoita e/ou descarga o tema Amores no Bandcamp: https://bluesdopais.bandcamp.com/track/3-amores-bobby-rush
Escoita e/ou descarga o tema Amores no Soundcloud: https://soundcloud.com/blues-do-pais

Bateas no Mississippi - Non amoles, se chachi! 

https://www.youtube.com/watch?v=TH241wPr6cw

 https://www.youtube.com/watch?v=TH241wPr6cw


CONTACTO:
bluesdopais@gmail.com