CHOTOKOEU


Podedes escoitar a CHOTOKOEU premendo eiqui

ou no seu bandcamp https://chotokoeu.bandcamp.com/album/sair-a-voar

CHOTOKOEU é un grupo, radicado en Uxes (Arteixo), que con máis de 300 concertos ás costas en cinco anos está que non para: despois da gravación do seu segundo disco.


A súa festiva proposta abrangue estilos coma o Balkan, o Rock, o Swing e o Drum&Bass, e a vocalista (e violinista) entoa os temas en galego, castelán, italiano e inglés, á fronte dunha agrupación de sete persoas que leva sete anos nos escenarios, e foi evolucionando até a dedicación exclusiva á música.





O seu espírito innovador e activo quedou demostrado na organización de eventos colaborativos como Noites de Luz, Caravana de Emerxencias ou Festival Vibra Balboa, en harmonía co seu estilo de vida: nun ámbito natural, para traballar na súa música, e dinamizar ao tempo zonas rurais case despoboadas de xente nova.


Sair a voar (2015)
Saír a voar é a frase que resume a actitude destes 7 músicos galegos, traballando por e para a música, co obxectivo de facer as ledicias do público alá onde van coa súa música e a súa enerxía.

O segundo disco de Chotokoeu son nove temas grabados en Celestine records,Pau, Francia, por Nicolás Vieites.
Masterizado en Kadifornia Mastering.

O igual que multinacionalidade no grupo os seus temas son en distintas linguas e instrumentais. Neste disco incluen dous temas en galego incluido unha canción homenaxe que lle fixeron á Güintervan "Van Güinter".

O disco foi autoproducido como xa pasara co seu primeiro traballo.




No seu primeiro traballo gravado nos estudos Bruar da A Coruña e misturado por Nicolas Vieites  presentaban catro temas en galego:

Moito Ruído
Ovos de sapoconcho
Sempre contra o vento
O ritmo que bailas

O disco podedelo descargar de balde no enlace:

 https://www.facebook.com/megustachotokoeu/app_208195102528120





A banda coruñesa, empregou  unha plataforma de crowdfunding para financiar este traballo discográfico.



MAIS INFO EN:  http://www.chotokoeu.com/
CONTACTO:chotokoeu@chotokoeu.com