OVOS PODRES

Karlos ---- voz/
Xabi ---- bateria/
Moncho ---- baixo/
Chema ---- guitarra/
Alex ---- guitarra/
Xulio ---- acordeon/

Ovos Podres é unha banda de punk-rock de Vigo- Galiza (is not Spain), formada por seis amigos. 



Non todos os que formaban o grupo orixinalmente puideron soportar os duros ensaios espartanos, quedando polo camiño Tur (ex-vocalista con afonía crónica), Soto (ex-baixista que pediu asilo político en Chile) e Martín ( ex-teclas busca a paz facendo reggea con Liska-trapallada-transilvanians...e unha infinidade de grupos mais). Quedando coma superviventes o holocausto Podre son: Juan (ex batera de Liska) na bataka, Alex (ex skarnio e saxo en Liska) na guitarra, Moncho (ex Essencia de Lapo e Falkatruada) co baixo, Txema na outra guitarra, Karlos pegando berros e Xulio no acordeón. Comezan nos escenarios en outubro de 2012, e gravan o seu primeiro disco con 14 temas en Teis nos Estudos Galicia no verán do 2013. Mentres combinan planear un atentado ca presentación do seu primeiro disco, xa están facendo novos temas e tocando por ai No 2016 Juan" o Borat de Chapela " decide deixar o grupo por non chegar a sua meta da vida TOCAR no LUAR (cousa que si consegue noutros grupos) e tras meses buscando un digno bateria entra o Terror de COIA , o Monstro das baquetas o GRAAAAAANNNN Xabi. Continuamos tocando e facendo novos temas, ca intención de gravar algo indecente antes de rematalo 2016. 

Sempre dispostos e comprometidos , sen ningún ánimo de lucro, cá xeración de emprego neste país dándolle traballo a otorrinos, psicólogos e musicólogos sabelotodo , non gravamos nada no 2016, pero no 2017 despois de unha reclusion espiritual no mais recondito da coia profunda, vimos a luz (non sin pasar grandes calamidades) e gravamos 6 temas cheos de amor e esperanza chamando o noso novo cd "Barcos de madeira,homes de ferro"

 Barcos de madeiras, homes de ferro (2017)

O novo traballo discografico de Ovos Podres está composto por 6 temas gravados por Manu Estudios Namek.


Este primeiro traballo representa o que lle apetecía facer a un grupo de amigos que só queren pasalo ben, mais por nós é considerado unha maketa, onde se ven diferentes opcións da música que nos influenciou na nosa vida , ska , punk ,oi e psycho … mesturando nas letras temas sociais e letras tolas…











OVOS PODRES PorC.O.P.s

https://www.youtube.com/watch?v=RyvydnKhC1Y

  https://www.youtube.com/watch?v=RyvydnKhC1Y

OVOS PODRES Barrio

https://www.youtube.com/watch?v=5YXakkfSMY8

 https://www.youtube.com/watch?v=5YXakkfSMY8

 

OVOS PODRES Vendetta 

https://www.youtube.com/watch?v=jHn5avfw04Y

 https://www.youtube.com/watch?v=jHn5avfw04Y

 


CONTACTO:
ovospodrespunkrockgz@gmail.com