LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS

O Leo
A Lydia
O García










Música para espabilar conciencias.

Grupo guerrilla.

Rapeiro, punkeiro, enxebre e irmandiño.

Verdades coma puños e moita rebeldía.

Os LABREGOS chegan, montan e tocan. Sen grandes artificios nin pose pero con talento e ideas claras a eito.

Falamos de García MC, case nada. Falamos de Leo i arremecághona, case nada. E falamos de Vero Xenreira, case nada.

Tres grandes que nos deron un concerto de alta tensión emocional e enerxía para cambiar o mundo.

Terra, lingua, cultura, dereito á diferencia, mente aberta ao mundo … non hai fronteiras …

Son tempos de necesaria rebeldía. Son tempos de LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS.

Por Vituco Neira (Planeta Furancho) 2011

Libremente (2016)

Gravado no Rapapoulo estudio, eles que presumían de non ensaiar, para sacar adiante e de maneira asemblearia, Libremente...

Doce pezas de contundente protesta coa que cumpren o seu ideario de que non existen fronteiras entre a arte e a acción política.

Recollen neste primeiro disco o activismo que defenden na rúa,  entendendo que a súa música «é unha vertente máis da actividade humana e ten que responsabilizarse do impacto na sociedade».

Contan coa colaboración de Mini e Mero que en boca de Labregos "os únicos pais éticos e estéticos que recoñecemos son Mini e Mero ". Así de total é o seu amor cara aos mestres. Asi quixerons que estivesen eles e só eles.

Información extraida do artigo de
Dolores Vázquez publicado en La Voz de Galicia 26 de febrero de 2016.


Pontos de venda:

Discosfans Compostela (Hórreo 84, Compostela)

Miranda - cultura para levar (Trás Salomé 1, Compostela)

Jato Pús (Rúa Nova, Ordes)

C.S. Mádia Leva! (Serra de Ancares 18, Lugo)

C.S. A Cova dos Ratos (Romil 3, Vigo)

Andel Libraría (Av. das Camelias 102, Vigo)





http://labregxsdotempodossputniks.bandcamp.com/releases
Podedes escoitar o tema  SON UN PASMÓN no enlace:

http://labregxsdotempodossputniks.bandcamp.com/releases

Primeiro sinxelo adianto de Libremente, o primeiro álbum da banda, que será liberado en xuño de 201...





CONTACTO:
alabregadasputnik@gmail.com