VERTIXE SONORA



Colectivo flexible que integra solistas de importante traxectoria no ámbito da música contemporánea en Galicia, Vertixe Sonora Ensemble favorece un espazo aberto á reflexión, discusión e intercambio na música contemporánea. Está formado por artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e a danza cunha común vontade por desenvolver propostas musicais cunha perspectiva artística global que atopan na procura da excelencia artística e no forte compromiso coa música e os creadores do noso tempo a súa razón de ser.


Son membros de Vertixe Sonora Ensemble:

Criptana Angulo (cello),
Rubén Barros (guitarra eléctrica),
Jesús Coello (fagot),
Pablo Coello (saxo),
David Durán (piano),  
Alessandra Rombolá (frauta),
Ángel Faraldo (electrónica),
Xocas Meijide (clarinete),
Carlos Méndez (contrabajo),
Jorge Montes  (violín),  
Iago Ríos (trombón)
Anne Schlossmacher (viola),
Marta Souto (violín) ,
Diego Ventoso (percusión),  
Adrián Viñas(trompeta),
Vadim Yikhnevich (acordeón)

MAIS INFO EN:  http://vertixesonora.net/