A GRAMOLA GOMINOLA

Paula Romero (voz)
Ro Muñoz (batería)
Anxelo de Xermar (baixo)
Paco Cerdeira (guitarra)

A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, en galego, pensado para as máis pequenas e pequenos da casa. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é unha banda de rock!!



escoitaos en: https://soundcloud.com/a-gramola-gominola



A Gramola Gominola
O Rap Metal do Nadal

Dende A Gramola Gominola queremos felicitarvos o Nadal.

Con esta música reflexionamos sobre o que consideramos realmente importante destas datas.

Desfrutádeo!

https://www.youtube.com/watch?v=UQ-rRfalir0



BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ' (2019).

O libro disco, o terceiro d'A Gramola Gominola editado dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, pon en valor ás Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes. As protagonistas de 'BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ', ilustradas por Iago Araujo, viven mil aventuras.

A Megatronca, a Lebre Chouteira, a Superlingua, Paz, a Banda Pica Pica e moitas máis empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións... Estas son as BRAVAS, mulleres que inspiran e dan luz ao mundo!


Avoa Fina
https://www.youtube.com/watch?v=FVX2DzuYWG0




DISCOGRAFIA PREVIA:




CANCIÓNS PARA DESAFINAR

Libro-CD da Colección Sonárbore, Editorial Galaxia.

“Cancións para desafinar” é o título que da nome ao seu novo traballo, composto por 13 novas cancións orixinais en galego.

A Gramola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar. Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk.
Porque non hai idades nin barreiras para a música......así que convidamos a todas e todos a
ROCKEAR!

Concertos cheos de música e humor, ao tempo que didácticos! Esta é a proposta da Gramola unha banda de música infantil para nenos de 0 a 99 anos, unha banda de rock infantil.

Nos seus espectáculos os espectadores poden coñecer diferentes estilos que xiran en torno ao
rock, e van dende funk, punk, reggae, gospel ou ska, heavy, etc. Así os nenos e nenas poden
coñecer e gozar destes estilos musicais, e coma sempre, tratando nas súas letras valores e
temas como o respecto e coñecemento do medio natural, a vida animal, a lingua, os xogos, etc.

Campión Internacional

https://www.youtube.com/watch?v=LDJYzNPXGtU
 



” A Gramola Gominola é unha caixa chea de sorpresas, coa que queremos levar a rapazada a unha viaxe pola música moderna.

Partiremos do blues, facendo parada no country, rock, pop, punk, reggae, heavy metal, ska…
Un paseo polos estilos que os ‘gramolos’ escoitaban cando eran novos…
Con todos vós… A Gramola Gominola!”

Un libro-disco no que se fai un percorrido pola historia da música contemporánea. Editado por Galaxia e con ilustracións de Lidia V. Cardeiro está composto por dez temas en galego.

Este primeiro traballo conta coa colaboración de Pablo Dalama (saxo, frauta e arranxos), Luís Tosar (voz principal en “Monstro”), Xenderal (arpa de boca en “Barriga Verde”), Mini Rivas e Mero Iglesias (voces rincipais en “Non é teu nin é meu”) e Alberto Cereijo (guitarrista solista en “Non é teu nin é meu”).


CONTACTO:

Para concertar entrevistas e + info:

Sandra Romero | Comunicación A Gramola Gominola



Tel. 630 525 747