GELRIA



Elena Tarrats (voz)
Federico Mosquera (piano)
Mario G. Cortizo (percusión)










Proxecto Gelria:
O simbólico nome do buque holandés no que o poeta rianxeiro Manuel Antonio estivo embarcado nas súas viaxes a América dá nome a un proxecto que ten como fin poñer en música os principais poemas da lírica galega de todos os tempos. Este percorrido, que abrangue varios séculos de poesía, ten o seu núcleo no S. XX no que atopamos nomes tan emblemáticos como Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, e autores do noso tempo como Xosé Luis Méndez Ferrín e Chus Pato.

A relevancia deste proxecto non é únicamente musical, tendo como pretexto ou punto de partida as xoias da nosa lírica, se non que a música será o vehículo ideal para difundir a palabra inmortal destes grandes autores a outros ámbitos, e mesmo outras culturas distintas da galega.

Cantos de poeta (2016)

A banda, formada pola catalá Elena Tarrats e os galegos Mario G. Cortizo e Federico Mosquera, musican os versos de autores como Rosalía, Celso Emilio, Cunqueiro ou Manuel Antonio no seu primeiro álbum.

Baixo o título Cantos de poeta, o álbum percorre a historia da poesía galega contemporánea, dende o Rexurdimento até a actualidade a través dos versos de catorce poetas aos que os menbros do trio lles compuxeron a música. A banda creada en 2014 estréase así no mercado discográfico cun proxecto que se presenta nun coidado formato de libro-disco.

Cantos de poeta é un disco ecléctico que posúe resonancias de diferentes estilos e xéneros -dende a música tradicional á contemporánea, pasando polo jazz- que propón un percorrido polas diferentes etapas da nosa historia poética.

A experiencia musical e literaria que propón Gelria complétase coa colaboración do escritor Manuel Rivas, quen compuxo 14 novos poemas a petición da banda para crear un fío condutor escrito que se pode ler nas páxinas do libro, acompañando as letras de cada un dos poemas musicados por Gelria.

O gato da tasca mariñeira


Poema de Bernardino Graña
Música de Federico Mosquera
Colaboran nesta canción:

Xosé Lois Romero: Acordeón
Rubén Fernández: Voz
Cibrán Seixo: Violín
Paula Santos: Viola
Rosalía Vázquez: Violoncello

Cámaras: Fran Naveira, Juan Luis Rúa e Yolanda González
Realización: Fran Naveira
Técnico de gravación e misturas de son: Pablo Barreiro
Dirección de produción: Noa López

Gelria: Zocas



Poemas de Manuel María
Música de Mario G. Cortizo

Colaboran nesta canción:

Cibrán Seixo: Violín
Paula Santos: Viola
Rosalía Vázquez: Violoncello
Xosé Lois Romero: Tarrañolas e tambor
Roberto Bao: Bombo e tambor
Isabel Diego: Zocas
Ana Gayoso: Zocas

Cámaras: Fran Naveira, Juan Luis Rúa e Yolanda González
Realización: Fran Naveira
Técnico de gravación e misturas de son: Pablo Barreiro
Dirección de produción: Noa López

Gelria: Unha luz que se afasta e se nos dirixe


Poema de Chus Pato
Música de Elena Tarrats e Mario G. Cortizo

Colaboran nesta canción:

Xosé Lois Romero: Acordeón
Rubén Fernández: Voz
Pablo Pérez: Contrabaixo

Cámaras: Miguel Gago e Álvaro Alsina
Realización: Miguel Gago
Voz en off: Júlia Barceló
Texto introdutorio: Manuel Rivas
Son directo: Quim Soler
Mistura de son: Mario G. Cortizo
Dirección de produción: Noa López


CONTACTO:
info@gelriamusica.com

MÁIS INFO
http://www.gelriamusica.com