CLARA PINO E PABLO VIDAL



Clara Pino: con formación clásica que pouco a pouco vaise transformando nunha educación folk, da man de Rodrigo Romaní, para logo dar paso a unha música intimista de autor. Fixo así as súas incursións profesionais no eido da música con Sete Saias, Loaira...


Pablo Vidal, cunha grande traxectoria musical que abrangue todos os xéneros, dende o Rock, a Música orquestral (Os Resentidos, A Doce Vita) pasando pola infantil (Sons Miúdos) e máis especificamente o Jazz, (Pablo Vidal Trío) con aportacións importantes como productor musical (Tatán “chapeu”, "NOWHERE", etc.) .

Tamén ten colaboracións con múltiples artistas do panorama musical galego (Uxía Senlle, Sergio Tannus, Magín Blanco...).


Os dous autores apostan neste novo proxecto, por unha simbiose entre a música autoral e o coidado textual... facendo unha mistura interdisciplinar, que ten como obxectivo amosar o seu universo musical e literario. Para isto, soamente é preciso escoitar. Nada máis sinxelo.



""Nowhere" é o título que escollimos para este proxecto que acaba de ver a luz. O termo acuñado por Marc Augé fai mención aos non lugares...aos lugares de tránsito..eses lugares que non son de ninguén. Con honestidade e voz propia, agardamos que nos tempos en que vivimos, a nosa proposta sexa un motivo máis para deterse e reflexionar. "

NOWHERE é un album composto de música e literatura.
Xestado e gravado integramente na Ría de Arousa (aldeaglobal) consta de nove cancións orixinais, con letras de Clara Pino e músicas compartidas polos dous, con produción de Pablo Vidal e un alto contido literario, xa que ademais inclúe nove textos de Clara Pino cada un deles vencellado a unha das cancións do CD.


textos/CANCIÓNS

1. a primeira onda
2. NACÍN SOA
3. a nosa viaxe
4. PARA NON PENSAR EN TI
5. o lar
6. SAN SIMÓN
7. toquei fondo
8. O COLO DA LÚA
9. os non lugares
10. NOWHERE
11. a mentira
12. MAR ALCOLIZADO
13. a partida
14. PÓKER DE ASES
15. meu alimento
16. TI FAS QUE ME SINTA TAN ESPECIAL
17. a novena onda
18. MORTE LENTA

San Simón

https://www.youtube.com/watch?v=ibrN7cu81ec

 https://www.youtube.com/watch?v=ibrN7cu81ec


Contacto:
clarapinopablovidal@gmail.com