ORQUESTRA OS MODERNOS


A Orquestra Os Modernos son:

Xosé Tunhas: Bateria
Joám Casas: Clarinete e gaita-de-fol
Alonso Caxade: Trombóm
Martín Nogueira: Trompeta
Paco Nogueiras: Acordeão
Alberte Rodríguez: Contrabaixo
Iria Pinheiro: cantante e diva


A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das fiambreiras, até a geometria dos quadros dos manteis se levantam e brindam pola oportunidade dada ao "frotis" e ao "arrechuche" contagiada polos ritmos bailables da Orquestra "Os Modernos".

Como consequência da sua constante renovaçom e experiência atraves de tantas giras e viagens por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra "Os Modernos" ofréce-lhes um repertório renovado de bailes como manda a última moda: fox-trot, baião, bolero, habanera, corrido, rumba, mazurca..., sem esquecer-se tampouco desses ritmos máis arcaicos e propios do nosso folclore como a moinheira ou a jota.

Os bailadores e bailadoras confidentes, senten-se protagonistas arroupados ao tempo que ilhados, ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile.

Ninguem senta quando toca a Orquestra "Os Modernos"!



Dissimulem! (2015)

Primeiro traballo fonográfico da Orquestra gravado no no Estudio “A Ponte”.

O rexistro musical que garda a esencia das noites de verbena e as mañás de vermú que tanto coñecen Os Modernos.
 

Un disco esencial en toda casa moderna e en todo automóvil para o goce de toda a familia e mais o can.
 

10 Temas para bailar e cantar todas as persoas de ben e sentirse transportadas e xungidas a um tempo!
 

Cancións coma O Uruguai, A chula tanguista o Passa-ruas dos Airinhos de S. Cámpio... entre outras, adornan este disco de pizarra e deleitarán os seus ouvidos provocando unha incitación ao “arrechuche contaxiada polos ritmos máis modernos.





CONTACTO:  caxade@gmail.com

Contacto: 633.340.988