Banda Crebinsky

Donas e Cabaleiros! Nenas e Nenos!

Chega o 3º disco de Banda Crebinsky, un sonoro espectáculo chegado directamente do universo Crebinsky: ZIRKUS AFFE.

Déixense levar pola música sen pasaportes das súas once pistas: o gato que canta, o trapecista con vertixe, o paiaso que fai chorar, os líderes de egos insultantes, tertulianos monologuistas e demáis artistas da farándula internacional... ZIRKUS AFFE.

Con Zirkus Affe, publicado en 2017, propoñen un achegamento a sonoridades máis mediterráneas, próximas á música Rai, con maior peso de letras en galego e castelán. Zirkus Affe é unha reflexión sobre o noso mundo desde a óptica dun mono de feira, que observa a realidade buscando novos escenarios.


ZIRKUS AFFE contou coa participación de vellos coñecidos da Banda Crebinsky, como Carlos Castro, Nuria de León ou Jerry Noia.

Gravado e misturado por Ramon Campos.

100% autoproducido e autoxestionado.

Deseño e ilustracións de Olalla Fernández Álvarez.

Máis difícil aínda! ZIRKUS AFFE!

BANDA CREBINSKY son
Sergio Zearreta (voz)
Vadzim Yukhnévich (voz e baián)
Fernando Abreu (clarinete, mandolina e voz)
Xacobe Lamas (violín)
Enrique Otero (teclados e voz)
Pablo Carrera (guitarra e voz)
Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo)
Miguel Queixas (batería)




BANDA CREBINSKY
é unha orquesta popular xurdida dun universo imaxinario, fuxida do filme galego Crebinsky (2011).
As súas músicas nacen como banda sonora e, saíndo da pantalla, corren ás rúas e ós escenarios, crecendo e desenvolvéndose con enerxía.
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/09/fotos-banda-crebinsky-no-armadinarock.html







FOTOS da Banda Crebinsky no Armadiña Rock en:
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/09/fotos-banda-crebinsky-no-armadinarock.html








DISCOGRAFIA PREVIA:


Podedes escoita-lo en: JET LAG

En 2012 sae á venda o seu segundo disco Jet Lag, publicado por Boa Música, no que BANDA CREBINSKY opta por un son ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos, franxas horarias, culturas e idiomas, nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose.
Podedes escoita-lo en:
https://bandacrebinsky.bandcamp.com/album/jet-lag





https://bandacrebinsky.bandcamp.com/album/crebinsky
Crebinsky
Banda sonora da película "Crebinsky" do director Enrique Otero

Podedes escoita-lo en:
https://bandacrebinsky.bandcamp.com/album/crebinsky








Máis Info en:
http://www.bandacrebinsky.com/

CONTACTO:
pablosanmamed@yahoo.es