MAMA CABRA EU COCIÑO TI COCIÑAS?

"Gloria Mosquera Roel e Tomi López levan anos colaborando no proxecto Eucociñoticociñas Ceip Sigüeiro.  Unha proposta onde a cociña e a alimentación saudable son as protagonistas.

Grazas a este proxecto impulsado polas mestras María Salgado e Pilar Rivas do Ceip Sigüeiro, á colaboración do alumnado e das súas familias... Sae o noso novo traballo  “EU COCIÑO, TI COCIÑAS?” Un album-cd editado por Sonárbore e un espectáculo músico-teatral con Gloria Mosquera, Tomi López, Pachi Cruz, Max Gómez e Luchi Iglesias, onde se recollen todas as cancións que acompañan o día a día destas nenas, nenos, mestras e familias!"
Un libro-CD delicioso, cheo de receitas e de cancións para que os pequenos e as pequenas da casa nos deleiten cos mellores sabores.

As ilustracións correron por conta de María Lires.

MAMA CABRA é un grupo de musica infantil que mestura poesia pezas de folclore e temas propios cun enfoque lúdico, participativo e didáctico que son recibidas con entusiasmo por un público que as aprende de memoria e que enche os teatros nos seus concertos.



Mama Cabra son:

Gloria Mosquera,
Tomi López,
Pachi Cruz,
Max Gómez e
Luchi Iglesias

DISCOGRAFIA PREVIA:




Cantos Rodados 2002
Foi a súa primeira publicación e consistía nun libro xigante e un CD con dez cancións e un vídeo.








Cantando Comigo 2004,
Un almanaque musical e un CD que propón unha canción para cada mes do ano escolar.









tan só con leres un libro 2005 

O  terceiro e premiado disco, ademáis dunha nova colección de cancións, é un CD-ROM que ademáis ten fichas, partituras, ilustracións para colorear e outros extras.

 

 

cartas que veñen e van 2006

É un libro-CD con cancións de Susa Herrera, profesora da Facultade de Educación de Pontevedra, arranxadas por Mamá Cabra e cantadas por profesores e profesoras da Asociación Pedagóxico-musical “Soutullo” que asisten ao seu Seminario de Música cada ano.

 

patatín patatán (2008)

Neste traballo atoparedes sobre todo versións que fixeron de cancións infatís: A Chata Piringüela, Heiche de contar un conto, Unha vella tiña un can... e tamén incluímos dúas danzas: "O Parampampero" que tenta dunha maneira moi sinxela de iniciarnos a bailar unha muiñeira, e "Hamelín", un scottish.

 

 

 
todos os animaisó caixón (2008)

É unha colaboración que fixeron  con Susa Herrera. Atoparedes no proxectos cancións que ela fixo sobre contos da colección "Cu-cú sorpresa" de Combel. Todos os contos son fáciles de atopar. Cada estrofa de cada canción correspóndese cunha páxina do libro; e no retrouso, xogamos a cantar tod@s. Así podemos incluso ir no coche vendo e cantando co libro entre as mans. Unha mostra... Animais singulares

 


OLA, OLA, LA! (2010)



Neste traballo contaron cun coro que estivo baixo a dirección de Ramón Bermejo. E coa colaboración do brasileiro Sérgio Tannus, ao cavaquinho e pandeiro e coa percusión vocal (beat vox) de Gende Beat.



Xa me tardan estes magos.(2011)
Libro-disco coa editorial Galaxia que conta con ilustración de Kristina Sabaite, recolle composicións sobre textos de Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel, vocalista do grupo.
Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.

Podedes descargar o tema TRES REIS EN BICICLETA  premendo eiqui




Bicos de música (2012)
Libro-disco-dvd no que, insistindo nas súas letras festivas, cun certo compoñente pedagóxico e moi achegadas aos pequechos da casa, atrévense a dar un salto máis grande planteando unha proposta audiovisual arriscada e divertida.
Ilustrado pola artista lituana, afincada no noso país, Kristina Sabaite. Ademais do libro en papel, a toda cor, editamos o CD de audio coas dez novas cancións do grupo e un DVD, para o que se contou coa colaboración da produtora Pórtico Audiovisuales





  Estación Nadal (2014) Contan que só hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hay unha máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida. Editado por  Galaxia dentro da colección Sonárbore o libro-CD de 24 páx. con tapas de cartoné foi publicado en  novembro de 2014 As ilustracións correron a cargo de Kristina Sabaite
Temas: Os Reis en Santo André Nadal No San Xoán Din, Don, Dan Panxoliña O Apalpador Nadal Cantigas de Nadal Dinosaurios No Nadal Peitea o Cabelo Ao Camelo Ao Chegar o Inverno Os Reis en Santo André (Instrumental) Nadal No San Xoán (Instrumental) Din, Don, Dan (Instrumental) Panxoliña (Instrumental O Apalpador (Instrumental) Nadal (Instrumental) Cantigas de Nadal. Unha Pouca Roupiña (Instrumental Dinosaurios No Nadal (Instrumental Peitea o Cabelo Ao Camelo (Instrumental) Ao Chegar o Inverno (Instrumental)


 
Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a Paz, facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tala...  Con todo un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre...

Carmen Gil e Mamá Cabra únense para contar e cantar esta divertida historia.

Deseño de portada: Hayat Husein
Deseño e maquetación: Dubidú Estudio Gráfico



As letras das cancións e o conto son de Carmen Gil A música é de Gloria Mosquera Roel Adaptación e arranxos: Tomi López Serrano e lago Rodríguez 

BAILE DA PAZ
Esta é a danza
da espemnza,
danza capaz
de semen tar paz.

Ombro con ombro
pédese todo.


Dé un taconazo.
Levanta un brazo
6 con donaire
délle ao cu aire.

Colle a orella
da túa parella.
Faille céchegas.
Ponte en crequenas.

Esta é a danza...

Agora dé un brinco,
ou mellor cincoI,
e tres palmadas
con gargalladas.

 Logo ao compás,
anda cara atrás.
E cara adiante,
coma un xigante.

Pinta un momento
PAZ no vento.
Grita un Segundo
PAZ no mundo



Ilustracións, de Iria Fafián, 2015


 Participaron na gravación:

Harry PriceViolín: 
lago Rodríguez Baterías, teclados, baixos  
Tomi López Serrano Cavaquinho e guitarra:  Gloria Mosquera Roel Voces e guitarra


Estudio de gravación: Enavíes Estudios

Técnico de estudio: lago Rodríguez
Editorial Galaxia, S. A., 2015
Para escoitar e baixar MAMA CABRA preme eiqui  



Para máis info www.mamacabra.com