Entrevista a FLÚE


1-Primeiro de todo,felicitarvos polo discazo que acabades de publicar.Explicádenos un pouco quén son os Flúe.

-Moitas gracias polo cumplido jaja,nós tamén cremos que é un disco ben intenso.
FLÚE somos una banda formada a principios de 2016 en Santiago DC por 4 persoaxes do mundillo rockeiro metaleiro que xa nos coñeciamos desde facía ben tempo.Rafa Fulas-batería,Roberto Filgueira-voz,Roberto Couto-guitarra e Iván Bernárdez-baixo
Durante este tempo preparamos un repertorio propio duns 13 temas íntegramente en galego,publicamos 2 videoclips e agora presentamos o noso primeiro disco”Flúe”.

Todo segue igual
https://www.youtube.com/watch?v=K_tqH4hrMdQ

Contra corrente
https://www.youtube.com/watch?v=AiU8HS_pFWY

2-Todos procededes de bandas con amplia bagaxe na escena galega se non teño entendido mal.

-Poderiase decir que sí,vimos de grupos como Invivo,Tungsteno,Som do Galpom…entre outros.
Agora mesmo,trala marcha de Iván,tamén contamos co exbaixista de Medomedá,o señor Mr.Pat…todo un luxo de primeira división vamos.

3-Contádenos como foi o proceso de gravación do disco:

-“Flúe” foi gravado nos estudios Pousada Son entre outubro e novembro de 2017 coa producción de Yago Pico.Está formado por 8 temas e unha intro composta por DJ Mil.



4-Yago Pico desde fai uns anos está sendo un dos productores de rock máis cotizados,qué opinades?

-A verdade é que é un gran profesional que aporta o seu toque selecto ós temas e nótase,ten una visión dos temas que axuda a medrar moito o disco en xeral .Un feixe de bandas xa traballaron con él,xente como Nao,Ruxe Ruxe,Deseqilibrio Mental,The Lakazans,etc

5-Cómo xurdiu a colaboración de Dj Mil(Woyza,García Mc,Comando Katana)?

-Tivemos que amenazalo porque é un tío duro de pelar jajaja
Mil é irmán do noso batería e queríamos que fixese algo para nós.O seu traballo alónxase do prototipo de intro que esperarías,dá un toque distinto desde o principio.

6-Vós definídesvos como“rock metalizado”,qué é iso?

-Jaja,é una forma de indicar que tanto nos influe o rock como o metal,tamén se nos daba por clasificalo como”metal enrockecido”.
No disco atoparedes rock,metal,melodía,gutural,partes máis stoner,outras con máis groove…un pouco de todo o que nos gusta.

7-Chámanos un pouco a atención o libreto do disco,non é a idea de diseño que nos pode vir á cabeza ó falar dun grupo como o voso.Qué nos podedes contar?

-O diseño é obra de José María Picón,deseñador cun amplio traballo con bandas de rock e metal.
Estamos moi contentos co seu traballo.No libreto aparece auga fluíndo entre rochas e cuns tonos azuís que se alonxan de ideas preconcebidas . Aporta sobriedade,é diferente.


8-Qué plans ten FLÚE a corto prazo que nos poidades contar?
-En breve anunciaremos os primeiros concertos e esperamos poder publicar un novo videoclip.

9-Cómo se pode conseguir o disco?

O cd físico pódese acadar nos concertos ou poñéndose en contacto co grupo a través de Facebook ou mail.

https://www.facebook.com/Flue.grupo/

flue.grupo@gmail.com

-No bandcamp da banda pódese obter o disco con descarga gratuita.
https://fluegrupo.bandcamp.com/album/fl-e


Tamén está dispoñible a escoita íntegra en YouTube e Spotify
FLÚE- Album completo-2017



10-Xa nos despedimos dos FLÚE agradecéndolles o seu tempo e desexándolles o mellor con este disco que ben o merece,con seguridade un dos mellores traballos en Galicia no 2018.Algunha  cousa más que engadir?

-Gracias a ti polo interese e polo grandísmo traballo que realizas en apoio a música galega.
Vémonos nos concertos!

MANOLO BACALHAU

Manolo Bacalhau é um dos representantes vivos da canción tabernária ferrolana, aliás utente e coñecedor da vida e obras dos bares de sempre de Ferrol.

Nace en Ferrol, na barriada da Ponte de Caranza, ao pe do rio do Tronco... Medra o calor da familia da súa nai Clementina, (traballadora da PYSBE), composta de avós e irmáns (mulleres e homes), que tódolos domingos xuntábanse a xantar na casa materna e logo do café con achicoria,dábanse a facer a mellor dixestión do mundo..., cantar.
No 76 forma parte do Grupo Xarabal.
Ala polos 80, entra en contacto co grupo Saraivas, cos cales grava o LP , “Xa non podemos calar”.
En 1995 grava con Os Cempés o volumen 2 de Le Printemps de la Cornemuse, Morvan, (Francia).
No ano 97 colabora no disco, Mas que un Oficio de Paco Diez,(La Bazanca).

El sempre participou cuando se lle pediu en actos, homenaxes, actuacións nas folgas xerais, actos de solidariedade... é pois de xustiza que a coletividade lle axude a el tamém.

Máis a dia de hoxe nom tiña publicado ningun traballo. Asi pois Sondobar so é unha pequena mostra para comezar a recoller a súa obra, património cultural da cidade e da Galiza.

Sondobar (2017)
10 temas,e un DVD no 25 de abril nunha taberna, Cazadores, que pechou o día a seguir.

1- O Cavaleiro e o Anjo, Zeca Afonso,  adaptación.
2 As da boca, popular
3 Tango de Ferrol Vello, popular,
4, Cantiga, Curros, versión con guitarra de Lisboa,
5 Ya se va mi amor, versión habanera de tradición familiar,
6 Fui colher uma Roma, popular alentejana,
7 En Vuelo, música e letra propia,
8, Foliada do Cadaval, popular, derradeira tocada de Antón Varela,
9,A Emigración, Curros, música Xan Rubia,
10, Mágoa no Corazón,  Rosalía de Castro, música propia.

A ilustración da capa do CD/DVD foi cousa de  Leandro Lamas.

O traballo audiovisual realizouno Juanpa Ameneiros .

Manolo Bacallau Spiritual

https://www.youtube.com/watch?v=ynCy5BZk0WQ

 https://www.youtube.com/watch?v=ynCy5BZk0WQ

 

CONTACTO:

m.bacalhao@gmail.com

 

Que é Sondobar...?

É un proxecto cultural, impulsado por Joám Lopes, Lam Couce, Xende Lopes, Glória Martins, Bruno Lopes e o próprio Manolo Bacallau, con o que pretendemos recoñecer a obra e laboura do Manolo Bacallau pola conservación e divulgación da música popular e tradicional da comarca de Trasancos (Galiza). Cantares principalmente interpretados en bares e en todos aqueles lugares onde cantar, espontánea e libremente, só ou en grupo, era e ainda é posíbel.

FERNANDO DE DORADO

Fernando de Dorado definese a si mesmo como unha persoa da aldea que toca e canta cancións. Comencei a tocar ós 22 anos,cando vin a un colega facelo... Endexamáis pensei que era quén... e así gravei en Radio 3 e toquei con medio cento de músicos e e fixen máis de 300 bolos... E ainda non penso en parar !!


Pintega (2017)
Pintega é o seu segundo traballo discografico.

Trátase dun traballo autoproducido onde tódolos detalles son obra do autor, acadando asi un traballo moi persoal.

O disco conten 10 temas e catro revisións de outros tantos temas.

As aves cantaron
Campas de liberdade
O vento
Volver atras
Lidia
A historia do vello Ramón
Dando voltas
Blues do camiñante
O blues da moza e o can
A mullere

E as versións alternativas de:
A historia do vello Ramón

As aves cantaron

O vento

Lidia

As aves cantaron

https://www.youtube.com/watch?v=W9pNhWzJl_Q&feature=share

 https://www.youtube.com/watch?v=W9pNhWzJl_Q&feature=share


O vento

https://www.youtube.com/watch?v=ut2ZgElj9mY

 https://www.youtube.com/watch?v=ut2ZgElj9mY

A historia do vello Ramón

https://www.youtube.com/watch?v=L0Aj2DxGNro

 https://www.youtube.com/watch?v=L0Aj2DxGNro

 

DISCOGRAFIA PREVIA :

Ecce homo 

Este primeiro disco de Fernando de dorado adicado ó libro do filósofo alemán Friedrich Nietzsche que está considerado un dos máis agudos e desesperados retratos autobiográficos da literatura e que contiña 12 temas en ingles gravados en Radio Nacional 


PEZAS SOLTAS :

Eu sei qué non sei

 https://www.youtube.com/watch?v=1wYKzb_dNh0

 https://www.youtube.com/watch?v=1wYKzb_dNh0

A veces

https://www.youtube.com/watch?v=enSA69TJGDQ

 https://www.youtube.com/watch?v=enSA69TJGDQ


Á MULLERE

https://www.youtube.com/watch?v=S64zTgkw20s

 


Contacto:
Fernandodedorado@gmail.com

Fotos Noite Fechada no Antrospinos 2014