VOODOO


O dúo feminino VooDoo nace en 2016. Maritxinha no baixo e loops e Belém Tajes, teclado e voces.

Da mistura entre Soul e Folk  nace unha músicalidade propia e única no panorama galego actual.

No 2017,  VooDoo gañaron o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e acadando novos formatos de directo.


Acaban de grabar o EP  #eusonvoodooVol. II en Abrigueiro Estudos, da man de Arturo Vaquero e coas colaboracións de Lilaina, Narci Rodríguez e Álvaro Trillo.

VooDoo son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. VooDoo é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos

Cada exmplar físico é unha peza única e diferente, xa que quixeron que cada disco fora en sí mesmo un obxecto artístico, pintado e feito a mán.
Por exemplo, 
este é o 
exemplar de 
Antonio Prado.



Por dentro ademáis do cd, Leva un tarot no que van as letras.







Vol.II ten unha tirada exclusiva de 500 copias.

C O N T A C T O :

voodooemusica@gmail.com



Voodoo Moreniña

https://www.youtube.com/watch?v=0ZOYR54W54E
Moreniña é unha canción que vive na nosa memoria. VooDoo fixo a súa maxia e regaloulle unha segunda vida. Unha homenaxe a aquelas persoas que nos cantaban esas cantigas tan lindas!
Producido por: Sehran Mohsin e Aldara Marcos. Belém Tajes e Maritxinha.

Voodoo Língua do deserto

https://www.youtube.com/watch?v=Xc_RdQ0TkQs



Tamen hai un ep anterior gravado nos estudos Bruar da Coruña cun formato cuarteto co que acadaron  o premio á mellor canción en Galego por "Eu son VooDoo" no certame Musica Xove en Compostela .

 

 

 

 

Bleu Citron. Voodoo

https://www.youtube.com/watch?v=pCHbABKPebs

 https://www.youtube.com/watch?v=pCHbABKPebs