CARMEN PENIN Herdeiras


Carmen Penim presenta con Herdeiras un traballo único, que une música, poesía e danza e audiovisual en torno ó tema da memoria das mulleres. Unha valente aposta pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia histórica e a reconciliación. Pero a pesar da temática, lonxe de ser un concerto triste, é dunha grande intensidade, vitalidade e emoción. Un verdadeiro camiño dende a escuridade ata a luz. Catarse e esperanza envoltos na mellor música interpretada principalmente por mulleres.


" A Guerra Civil e a  posterior represión son sempre temas dolorosos. Mais cando lles pomos nome e cara, dalgun xeito sentimos que lle facemos xustiza a esa persoa, e a dor cobra un sentido, deixa de ser estéril.

Moitos traballaron por recupera-los corpos dos paseados, e os nomes dos esquencidos. Tamén existen alguns proxectos para ecupera-los nomes delas, das mulleres que foron paseadas... Por loitar por uns dereitos laborais ou sociais que hoxe damos por escontado. Outras, por seren esposa, filla, irman... dalgún perseguido. Elas resistiron cunha dignidade inigualabel e souberon amosar unha solidaridade que debemos lembrar, xa que fai as nosas raices máis fortes.

Cuando comecei a porlle cara e nome a estas mulleres, ó escoitar charlas nos actos pola Memoria nos que colaboraba como cantante, sentin que eu tamén queria axudar a contar as súas historias, ou máis ben, a canta-las. Caseque dous anos máis tarde, eiqui esté este HERDEIRAS asi chamado porque efectivamente, as mulleres actuais somos as sás herdeiras i estamos en debeda con elas. Elas, as que quedaron, que tiveron que ver como a dictadura barria os seus dereitos. Elas, as que se exiliaron, soas cos seus fillos. Aas rapadas, violadas, as supervivintes.

Herdeiras é un traballo coral, porque as persoas que loitan por esta Memoria son xenerosas, saben que a idea pertencenos a todas e todos e desexan a súa difusión. Acolleron desde o primeiro momento cálidamente a miña idea de por música, de por voz a esas historias de mulleres valentes.

Mais Herdeiras é moito máis ca un disco de música. Conta cun audiovisual: Margarita Ledo, a gran directora de cine, accedeu a realizar a curta Bucle  para o traballo.

Tamén ten poesía : o libro conta cos poemas de mulleres actuais que esbribiron do tema, nalgúns casos estar moi vinculadas o mesmo:
Carmen Blanco, neta de represaliados;
Helena Villar, que loita desde fai años por recupera-lo corpo dun familiar;
Marga do Val, sobriña de represaliado...

E poetas xóvenes, sensibles ante as mulleres que levaron en silenzo o seu drama as costas toda unha
vida, o que acabaron no exilio máis duro: Marta Dacosta, ou Eva Veiga, que escribiu un poema especialmente para Herdeiras.

E tamén textos meus, creados rodeada de auga e árbores, porque non me collían no peito.

Herdeiras conten as fotografias de Xoan Piñon.

Todo isto, envolto na miña música, música sen tristura. É unha música intensa, que nos leva cara un final positivo do disco, esperanzado, que resalta a unidade das mulleres e a afouteza na memoria.
Máis non sería posibel sen o traballo agarimoso das músicas que me acompañaron e que estarán conmigo no escenario: Carmen Gallego, Marta Figueiredo, Margarida Mariño; así como a bailarina Xiana Vilas. Quixeron estar en Herdeiras e contribuiron a darlle a miña música esa forza que arrastra e que emociona. Deronlle algo máis que unha grande técnica interpretativa; ouxeronlle ialma.

No referido ós artigos dos herdeiros, as herdeiras, as estudosas e estudosos, quixemos que fosen curtos, agardando que alguén teña a ben ler-llelos as suas fillas, os seus alumnos,... Para asi pasarlle esta herdanza ós máis xóvenes. Máis non por ser curtos deixan de ser contundentes e
craros, e fan-lle xustiza a moitos nomes de muller. Non son un murmurio, non son un grito desgarrador. Son palabras fortes e decididas, sen tapuxos, coa cabeza ben fría e o corazón aberto. Nun vídeo explicativo saen todo-los seus nomes, que son moitos para menciona-los eiquí.

Agora síntome enormemente afortunada de ter rematado i editado este traballo. Máis que en ningún outro, dame a sensación de ter contribuido, de ter feito algo significativo. Máis que nunca, empeñei toda a miña forza creativa e organizativa, todo o meu corazón.

E é que Herdeiras ten de principio a fin a forza, a enerxía de todas e cada unha das persoas que colaboran no traballo."
 Carmen Penin
 
A edición foi posibel grazas a un crowdfunding, a colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo, dos concellos de Cangas, Rianxo e Moaña.  
 
O libro CD-DVD foi editado e distribuido por Inquedanzas Sonoras


Carmen Penim: Vertical

Fai posible o proxecto doando ou comprando o teu exemplar enhttps://www.gofundme.com/HERDEIRAS



Carmen Penim. Quen é?

Carmen Penim é Licenciada en Filoloxía pola U.S.C.  e a cantante duo italo-galego 2naFronteira, co que levan 4 discos editados desde o 2011, coa súa pequena produtora, basada no tesén e so nunha economia familiar. Nos seus discos son centrais a cultura, a lingua e a literatura galegas.

A súa orixe no Couto Mixto, e a súa experiencia na emigración ensinoulle a valorar a importancia das personas e dos graos de area que se amorroan nas causas solidarias. Foi asi como contactou coa causa da Memoria e como as lembranzas das historias escoitadas de nena na cociña tomaron de supeto corpo.   Máis como muller combativa negouse a asumir aquilo como unha máis desas cousas que pasaron e xa está. Puxose mans a obra e agrumou graos de area ata formar esa realidade que teño entre as mans e que axuda non esquencer, pois no esquencemento agroman falsedades e medio verdades explicadoras do inexplicabel. A realidade non debe esquencerse para que endexamais se volva a repetir.

CONTACTO:
comunicacionherdeiras@gmail.com