FEMININOPLURAL

FEMININOPLURAL xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade.


Quixemos para isto trazar/construír un camiño cheo de historias tanto contadas como cantadas, onde se puidera reflectir en pequenas cápsulas musicais a pegada indelébel das autoras que conforman un inmenso e necesario patrimonio universal.

 Cunha ampla experiencia en diversos ámbitos do abanico musical, Silvia Penide e Carla López converxen, coa máxima ilusión, neste roteiro musical que supón unha magnífica oportunidade para xogar, explorar e aprender nun experimento enriquecedor.

A nosa intención é dar visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano.

Unha viaxe que anima a desfrutar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais.







Femininoplural cantando Matriarcas de Guadi Galego 

 Culturgal 2016

https://www.youtube.com/watch?v=eIKVtNPnvow&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=eIKVtNPnvow&feature=youtu.be



Contratación 

dezdedez@gmail.com