OS RESIDUOS ATRACTIVAS


Non somos modernas e non temos unha foto recente nin decente do grupo para anunciarvos que o saiu o noso novo disco “antes molabamos”. Por fin podemos utilizar esta foto que non lle gustaba nada a juan mckinnon young, pero como el xa non está no grupo podemos subila sen que haxa cristos no ensaio. E é ben certo que sae mellor aquí que nas fotos que saca cada fin de ano! 

"O carallo é que o disco desapareceu. Merda! Juan enterouse e díxome, comprensivo, polo teléfono: "jajajajajajajajaja". E veña pasear ao río! E agora como lle dicimos a xente que participou que todo se foi á merda? Cao De Mos levantarse da siesta para ir grabar con nós. Levaba cara rara. Boh. Pois iso, sen bolos, sen batería e sen disco. Baa!! Tampouco pasa nada. Cada un ao seu. Tamara Martínez e Alex Gaiteiro montaron Sun Iou, cuxo disco de chocolate fai salivar ata eses con crucifixo de ouro no peito e pelos enroscados en redondeles. Masha Raskolnikova gaña o Victoriano Taibo co seu "Dakota" Por certo, todas esas cousas bonitas que se escriben no muro dos residuos atractivas son dela (nótase). I eu mirando corzos pola Pobra do Brollón. Todo no seu sitio outra vez e non vai e aparece o disco pola porta todo feito un entroido?. Iso sí, non se puido tocar màis. Así chegou, así quedou. Así que xa està. Todo preparado! Imos aló!

Iso pasou hai mais dun ano e o disco segue alí mirando para nós. Movendo a cola aos poucos tímidamente. Ata fichamos a Arantza Alfaia como revulsivo para activarnos. Debe levar un ano con nós e houbo só un día que quedamos para ensaiar. Un. E nos demos conta que tiñamos que mudar de lugar de ensaio. Antes ensaiabamos na de Juan. E antes tiñamos medios. E agora non. Houbo un día que tiven que chamalo (a Juan) e ,de paso, conteille a historia. Contestoume: (sempre comprensivamente): jajajajajajajjajaja. "

"E por fin o noso novo disco voa coma os gansos canadenses. Escribiu Celso Fernández Sanmartín neste libro -porque este disco é un libro- “e cando parece que Os Residuos Atractivas veñen rendidas a entregar as chaves da cidade que tanto molaba, o que fan é parar de camiño ver o mar, que é tan grande como a música, de verdade que é grande o mar”

 

Compostaxe:


Nacho Aluarez: acordeón, percusión, voz e coros.

Evaristo Alejos “Alex”: gaita, baixo eléctrico. percusión, voz e coros.

Maria Alvarez "Masha": gaita, arpa, percusión, voz e coros.

Tamara Martínez: teclados e voz

Juan McKinnon Young Bateria.



Antes molabamos (2024)


15 fogonazos para non deixar de bailar cos seus ritmos pegadizos e aderazados con letras tan ácidas como o seu nome, cheas de retranca galega da boa e de melodías que vos levarán o infinito e máis alá.

Publicado polo selo discográfico Xonix records

Dispoñible en tóda-las plataformas dixitais

 

 

Pasa esa piña

" A primeira peza do disco fía dúas historias da bisavoa Elisa de Lobariñas. Para mandarlle un peido, bota unha piña a rodar e asubía mirando cara a outro lado. Quen estea libre de cu que bote o primeiro peido. Para levar un cadaleito con defunto hai que ter forza e seguir o paso, ninguén debería pasar pola morte dúas veces "

https://www.youtube.com/watch?v=YZxClllQX3o&list=OLAK5uy_ko5kpBvDtOchMKNLcyBQzCOu78vRS5eS4&index=1


Fotos de:

https://musicaengalego.blogspot.com/2020/01/fotos-os-residuos-atractivas-na-sala.html

Discografía previa :



Unha noite xa é bastante (2018)

"O noso cubo do lixo xa botaba por fóra e decidimos compartir convosco unha pouca da nosa merda. Velaí vai o noso primeiro traballo: Unha noite xa é bastante. Dezaoito cheirentos detritos para escoitar mentres ledes a Dostoievski ou fritides unhas salchichas. Agardamos que vos dean tanto noxo como a nós!

Os nosos residuos foron reciclados polas infectas mans de Isaac Millán nos estudos da Lagharteira durante dous interminables encantadores anos. Tentou poñer orde nos textos Raquel de Penas. E mirou por nós, acompañounos e fotografounos Alicia Francés, amais de darlle forma e cor ao noso disco.

Tamén son culpables desta desfeita: Bieito A. Carrero, David Estévez, Paco López, Nardo Fernández, Andrés Fenoy “Cacharro”, Marcos Neira, Tamara Martínez, Charo Figueroa e o gran Herodes Lagares (guau!).

Tracklixo:

Canto se toca aquí?
Carmiña Maniquí
Northern
Marghasand
Panxolinha and Roll
Árbitro cabrón
Foliada purista
Arboreto
Neuroniña
Vigo
O cata de Camposancos
Foliada ludópata
Rumba e arancha reveriana de Ribadeo
Muiñeira da Estación
Acordeón preñado
Pandeiretada das hostias no lavadoiro
In memoriam
Compost track "

Podedes escoitar algúns dos temas en:

https://osresiduosatractivas.wordpress.com/multimerda/


Mais info en:
https://osresiduosatractivas.wordpress.com/blog/



CONTACTO:

residuosatractivas@gmail.com